Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.172 novas da área temática Formación:

01/10/2026 | 15:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva neste mes de outubro a 27 os obradoiros duais de emprego en marcha na provincia da Coruña con 530 participantes e un investimento de máis de 13 M€

José González pon en valor o obradoiro dual ‘Reserva da Biosfera: Emprego Verde IV’ compartido por Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Paderne e Sada, con 20 participantes en senllas especialidades relacionadas co sector forestal e a construción

30/09/2026 | 15:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inaugura en Ourense unha serie de xornadas orientadas a mellorar a empregabilidade a través de ferramentas prácticas de intelixencia artificial

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe na clausura da primeira xornada ‘CompetencIA’, que tivo lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO)

29/09/2026 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a relevancia da formación a distancia para compatibilizar os estudos coa conciliación da vida laboral e familiar

Salienta o éxito dos novos másteres de FP do instituto compostelán para afondar na formación en intelixencia artificial e novas tecnoloxías

28/09/2026 | 18:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa hoxe e mañá en Chantada un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no taller, que esgotou as prazas dispoñibles

27/09/2026 | 10:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 686 estudantes de Bacharelato e FP gozan dunha praza gratuíta ou bonificada nos centros residenciais de educación neste curso

A Consellería vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos nestes centros, que facilitan a residencia fóra do seu fogar ao alumnado

26/09/2026 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por 1,2 M€ a rehabilitación integral do Colexio Camiño de Santiago, no Pino

Tal e como comprometera o conselleiro no verán, renovarase por completo a envolvente dos edificios, acadando un aforro enerxético e de emisións dun 30%

26/09/2026 | 12:33 | C. do Mar

A Xunta reforza a vixilancia dos recursos pesqueiros coa formación do primeiro curso de Garda Rural especializado en gardapesca marítimo

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou en Santiago de Compostela o alumnado desta iniciativa pioneira que busca dotar ás confrarías de profesionais cualificados para o control e a protección dos bancos marisqueiros

26/09/2026 | 11:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Chantada o papel dos oficios artesanais na arquitectura contemporánea

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración das Xornadas ‘Oficio, arquitectura e territorio’ que se celebran ata o domingo co obxectivo de vincular arquitectura, territorio, técnicas artesanais e creación contemporánea