Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.179 novas:

31/07/2026 | 10:34 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina case 965.000 euros para que alumnos e alumnas dos centros educativos galegos consuman froita, castañas e leite nos recreos

A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia estas axudas para fomentar o consumo destes produtos entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria, incluída a obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio

31/07/2026 | 09:05 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Monfero, parroquia do Alto de Xestoso, que finalmente afectou unha superficie 38,03 hectáreas, das cales 33,38 se corresponden con monte raso e 4,65 de arborado, a maior parte delas no municipio lucense de Guitiriz

30/07/2026 | 20:18 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe

Extinguido o lume rexistrado no concello de Taboada, parroquia de Ínsua, que finalmente afectou unha superficie de 46,63 hectáreas, das cales 41,1 se corresponden con monte arborado e 5,53 con raso

30/07/2026 | 19:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo o emprendemento no eido da economía social a través da mostra ‘ES-Factory Pop Up’

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu esta tarde á primeira xornada do evento que reunirá deica mañá 11 iniciativas empresariais, no marco do proxecto ES-Factory de cooperación Galicia–Norte de Portugal

30/07/2026 | 18:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
30/07/2026 | 18:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o Xeoparque Cabo Ortegal como unha oportunidade estratéxica para a promoción exterior e o desenvolvemento sostible da comarca

Ángeles Vázquez sinala que o recoñecemento como Xeoparque é unha ferramenta para xerar oportunidades, impulsar un turismo responsable durante todo o ano, crear emprego vencellado ao territorio e contribuír a fixar poboación no rural

30/07/2026 | 17:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recoñece as boas prácticas ambientais e paisaxísticas desenvolvidas no concello de Curtis na conservación e coidado das sebes

A iniciativa promovida polo Goberno galego busca recuperar e poñer en valor as liñas de árbores e arbustos que no pasado delimitaban as fincas, protexían os cultivos e ofrecían refuxio á fauna

30/07/2026 | 16:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora cos proxectos de vida independente para persoas con discapacidade que desenvolve EVD Galicia

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, explicou que o Executivo galego destina máis de 4,2M€ ao ano a financiar 146 prazas nos centros de Crecente e Mos  

30/07/2026 | 16:45 | C. do Medio Rural

Villares e o alcalde das Nogais avalían proxectos e investimentos da Xunta no municipio

O delegado territorial de Lugo destaca a achega de 30.000 euros para acondicionar os accesos á área recreativa A Reboleira, así como o impulso do emprego a través do programa Rural Activo 2026 e o obradoiro dual Vía Künig VII 

30/07/2026 | 16:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria para rescatar proxectos de empresas innovadoras que quedaron sen financiamento estatal

Son axudas de ata 325.000 € para iniciativas galegas que quedaron fóra do programa nacional por insuficiencia de crédito, co obxectivo de facelas viables