Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo supervisa o comezo das obras para a substitución da cuberta do Colexio de Sandiás ás que a Xunta destina máis de 212.000 €
O delegado explicou que as actuacións consisten na substitución da cuberta inclinada actual de tella cerámica por outra nova do mesmo material co fin de mellorar a eficiencia enerxética deste colexio
Galicia, primeira comunidade en aprobar o teito de gasto non financeiro para 2027, con máis de 15.000 M€ para dar resposta ás prioridades dos galegos
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe na Cámara galega o límite de gasto para o vindeiro ano
Unha investigación conxunta de Medio Rural e a Garda Civil permite deter un presunto incendiario de Meaño
A colaboración entre axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta e efectivos do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil fixo posible a posta a disposición xudicial dun veciño da parroquia de Xil
A Xunta pon en valor o Camiño de Santiago como símbolo do vencello da mocidade galega do exterior coa súa terra de orixe
O secretario xeral da Emigración acompañou hoxe en Santiago de Compostela as persoas participantes na 36ª edición do programa autonómico Conecta con Galicia no Camiño durante a súa etapa final ata a praza do Obradoiro
A Xunta prorroga un mes máis as medidas preventivas ante a dermatose nodular contaxiosa para continuar protexendo a cabana bovina galega
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a correspondente resolución, que producirá os seus efectos entre o 1 e o 31 de agosto, ambos incluídos, e que se poderá prorrogar en función da evolución epidemiolóxica da doenza
A Xunta achega 852.000 euros aos concellos da zona sur da provincia para contratar a 49 traballadores con tarefas de prevención de incendios
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que o programa ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’ serve para fomentar o emprego a nivel local ao tempo que reforza a prevención dos lumes e a conservación do medio rural