Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural reafirma o seu apoio aos pequenos produtores do sector primario que poñen en valor a calidade diferenciada do agro galego
Gómez subliña o labor destas empresas no contexto da multifuncionalidade do monte, entendido como unha suma de aproveitamentos e tamén como un modelo no que produción, calidade, sustentabilidade e xestión do territorio se reforzan mutuamente
Alumnos do CIFP As Mercedes e do IES Sanxillao formaranse no Parque de Bombeiros, na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Lugo
O obxectivo é achegar os estudantes a contornas reais de traballo co complemento da experiencia das persoas que traballan nestas instalacións
A Xunta salienta o papel dos fondos europeos nunha Galicia integrada en Europa e con novos retos e oportunidades
Corenta anos despois da entrada na CE, a Comunidade galega está máis conectada, aberta ao exterior, cunha economía máis diversificada e cunha sociedade máis formada
A Xunta inicia as obras doutra promoción de 48 vivendas de promoción pública en Pontevedra, das que o 30% se destinará a compra para persoas entre 36 e 45 anos con fillos ou dependentes ao seu cargo
Trátase dun inmoble, de baixo e 6 alturas, con vivendas exteriores de 2, 3 e 4 dormitorios que coidan especialmente a eficiencia enerxética
Manuel Pardo pon en valor os máis de 840.000€ que a Xunta destina en actuacións de mellora do plan Ben_Estar en 40 centros educativos ourensás
O delegado da Xunta explicou que os traballos consistiron na reparación da cuberta mediante a colocación de chapa simple sobre parte da cuberta existente, e na execución de todos os remates necesarios para garantir a correcta estanquidade da infraestrutura e a adecuada evacuación das augas pluviais
Anxo M. Lorenzo erixe a exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea sobre Kounellis como mostra da implicación de Galicia en proxectos internacionais
A entidade museística da Xunta exhibirá, ata o 24 de xaneiro de 2027, o legado do máximo expoñente da ‘Arte Povera’ e un dos creadores máis relevantes do século XX
Villaverde leva ás confrarías de Lugo ‘Muller, mar e liderado’ para reforzar a participación feminina na toma de decisións do sector
A conselleira do Mar inaugurou a terceira xornada da iniciativa, que esta semana chegou ao resto das federacións provinciais de confrarías
A Xunta reúnese con concellos e outros axentes do ecosistema galego de I+D+i para definir o Plan Local De I+D+i
A sesión de hoxe pecha unha rolda de reunións nas catro provincias galegas co obxectivo de construír dun xeito colaborativo este documento marco que permitirá aos entes locais identificar desafíos concretos e articular solucións innovadoras adaptadas ás súas necesidades