Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 219 novas da área temática Fondos europeos:

25/06/2026 | 17:05 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta a aposta de Aceiroga polas novas tecnoloxías e pola mellora da súa capacidade produtiva

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe as instalacións desta empresa, que foi beneficiaria o pasado ano dunha achega específica para fortalecer o emprego nas contornas rurais e diversificar a actividade agraria

24/06/2026 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asiste en Bruxelas ao Foro do Corredor Atlántico para velar polos intereses de Galicia e esixe ao Goberno central un plan director detallado

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, estivo na 4ª Reunión do Foro do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte, organizada pola Comisión Europea

16/06/2026 | 18:39 | C. do Mar

Mar e a confraría do Porto do Son avalían os últimos investimentos realizados no pósito co apoio da Xunta

O esforzo inversor nos últimos anos supera os 1,5 M€ e permitiu a modernización das infraestruturas e mellorar os servizos da actividade pesqueira e marisqueira

16/06/2026 | 17:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a importancia da PAC na sustentabilidade de sectores primarios coma o lácteo

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria puxo en valor esta contribución na xornada final do proxecto sobre innovación e transferencia de coñecemento en sustentabilidade para o sector agrogandeiro lácteo LakTis

15/06/2026 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Medio Rural
15/06/2026 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 3,5 M€ a 109 empresas da provincia de Ourense para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías

O delegado territorial explicou que do total da provincia de Ourense, 104 destináronse a achatarramento e as cinco restantes foron para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono

15/06/2026 | 12:50 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta constata a evolución das obras do novo centro de día de Vilamarín

O Goberno autonómico inviste 600.000 euros neste recurso, que suporá a creación de 30 novas prazas públicas de atención diúrna

13/06/2026 | 09:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece apoio técnico ás entidades locais que recibiron fondos europeos para proxectos en espazos naturais co fin de cumprir os prazos e exixencias da UE

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como xestora en Galicia das axudas financiadas con fondos NextGenerationUE para actuacións en reservas de biosfera e na área de influencia do Parque Nacional, realiza reunións a nivel provincial para resolver posibles dúbidas e coordinar o envío da documentación

12/06/2026 | 11:20 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca en Miño o compromiso do Goberno galego coa conciliación e gratuidade da Educación Infantil na nova escola municipal de Xarío

A representante do Goberno autonómico destacou que a Xunta aportou europeos, unha achega de 265.000 euros procedentes dos fondos europeos para a rehabilitación integral da antiga escola unitaria para convertela nun novo centro de atención educativa de 0 a 3 anos.

11/06/2026 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia en Ourense a alianza entre a Universidade de Vigo e as empresas Coren e Sertogal para avanzar na dixitalización do sector avícola

Esta alianza entre universidade e empresas está dotada cun orzamento de 4,4 M€ ata 2028, cofinanciada con 1,8 M€ de fondos europeos, para abordar os principais desafíos da avicultura galega mediante I+D+i