Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.950 novas da área temática Infraestruturas:

14/12/2025 | 10:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 190.000 euros a humanización da praza de Santa María en Ferreira, no Concello do Valadouro

A intervención enmárcase no Plan Hurbe e suporá a mellora de parte desta praza, con intervencións para facilitar a circulación peonil, ademais da disposición de beirarrúas, instalación de mobiliario urbano e a limpeza do cruceiro, entre outras

13/12/2025 | 11:56 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 3,2 M€ a obra do novo centro de procesamento de datos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

O novo centro estará interconectado co actual servizo de forma provisional ata facer a migración definitiva

11/12/2025 | 16:32 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con preto de 50.000 € a cuberta da nova pista deportiva de pádel do concello de Bande

Manuel Pardo explicou que a cuberta desta instalación foi cofinanciada pola Xunta a través dun convenio de colaboración da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con este municipio, co fin de que que poida ser utilizada durante todo o ano pola veciñanza

10/12/2025 | 16:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Meaño mellora a eficiencia enerxética do pavillón do Xil grazas a unha achega da Xunta de preto de 120.000 euros

O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental

10/12/2025 | 16:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue reivindica a AP-9 libre de peaxe como “elemento integrador e clave para a competitividade” do noroeste peninsular

Os conselleiros de infraestruturas do Noroeste español escenifican en Santiago a fronte común para esixir o rescate das autoestradas e a liberalización das peaxes

08/12/2025 | 14:13 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na parroquia de Couso, no concello da Estrada

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

07/12/2025 | 15:53 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo no lugar das Telleiras, no concello de Nigrán

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

05/12/2025 | 20:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue pon en valor a colaboración da Xunta co concello de Oroso na remodelación da praza Isaac Díaz Pardo, un lugar de encontro para a veciñanza

Allegue citou a transformación desta praza como exemplo do entendemento entre administracións para acadar actuacións que melloren a calidade de vida das persoas

05/12/2025 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta en Pontevedra a estrada alternativa á PO-225 que inclúe un viaduto sobre a AP-9, dúas glorietas, catro pasos de peóns e unha senda peonil

Allegue destaca que o trazado parte do consenso tanto veciñal como do Concello e sinala que o novo viario permitirá aliviar o tráfico na PO-225 por onde circulan diariamente 12.000 vehículos

04/12/2025 | 15:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta para devolver ao Instituto Valle-Inclán o seu esplendor como unha das catedrais educativas de Galicia

O conselleiro de Educación presenta o libro conmemorativo da rehabilitación do centro, na que o Goberno galego investiu máis de 6 M€