Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 38.190 noticias:

24/07/2026 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns e Costa da Coruña

Tamén se manteñen as medidas equivalentes no subsistema de Baiona, mentres o resto de unidades territoriais de Galicia-Costa seguen en situación de normalidade e os encoros de abastecemento rexistran unha ocupación do 83,09%

24/07/2026 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adapta o mapa escolar á evolución demográfica para o vindeiro curso 2026/27

Debido á falta de alumnos, deixarán de funcionar catro unitarias: o colexio Pazos-Comoxo en Boiro e as escolas infantís de Olas en Mesía, de Taboadela e de Lantaño en Portas

24/07/2026 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta as complicacións derivadas da implantación da nova Lei de eficiencia xudicial pola brevidade dos prazos e a falta de fondos estatais

O director xeral de Xustiza participou na Conferencia Sectorial de Xustiza, onde incidiu no esforzo en materia de persoal e de recursos ao que se viu obrigada Galicia para dar cumprimento á nova norma nos tempos establecidos

24/07/2026 | 13:35 | Axencia de Turismo de Galicia

Marcos Gómez Román visita a montaxe do Morriña Fest, que converte A Coruña nun dos grandes epicentros da música en directo esta fin de semana

A pasada edición, a cita musical enmarcada nos Concertos do Xacobeo congregou a máis de 30.000 asistentes

24/07/2026 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta habilita a partir de mañá 2,5 M€ en axudas para promover a protección ambiental e a seguridade na actividade mineira en Galicia

As axudas oscilan entre os 150.000 e os 3.000 euros e xa se poden solicitar a partir de mañá

24/07/2026 | 12:37 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofrece a Vigo a cesión gratuíta do inmoble da antiga estación de autobuses

O Goberno galego ábrese a tramitar o expediente de cesión nas condicións actuais, incluíndo a parcela e os seus accesos

24/07/2026 | 12:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa un concurso de ideas para aplicar solucións innovadoras baseadas en xemelgos dixitais ao medio rural e ao turismo

As propostas, que se poden presentar ata o 7 de setembro, teñen que estar orientadas á xestión intelixente e sostible do territorio e dos fluxos turísticos