Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por 355.000 euros a redacción do proxecto do inmoble de aloxamentos compartidos e temporais para a mocidade en Vigo
O inmoble, que albergará 80 aloxamentos, é unha das medidas da Xunta para garantir que a mocidade poida comezar a súa vida adulta nun fogar digno, de calidade e a prezos accesibles ás súas posibilidades
A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico do Sagrado Corazón en Lugo, coa previsión de urbanizar solo para 1.200 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de favorecer unha axeitada integración paisaxística
A Xunta reforza o uso das técnicas industrializadas na construción de vivenda pública na comunidade
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, interveu esta semana en Madrid no Foro de Construción Industrializada
A Xunta recibe seis ofertas para a redacción do proxecto de construción de 12 vivendas públicas en San Cibrao das Viñas
O departamento que dirixe María M. Allegue estima en 2,3M€ o investimento total que suporá a construción deste novo inmoble, que se sitúa nunha parcela cedida polo Concello
A Xunta planifica máis de 5.000 vivendas na Coruña para 2028
Allegue salienta as 700 vivendas en diferentes zonas da cidade: 104 xa en construción en Xuxán e as máis de 500 protexidas á espera da aprobación da modificación do PXOM, ademais das 58 nos Rosais, 32 en Pedro Fernández e 11 en Porticada; isto unido ás que están en rehabilitación: 7 fogares en 2 inmobles nas rúas San Andrés, xa en obras, e Santa María, ao abeiro do Programa Rexurbe; ás que sumarán máis de 4.300 en Monte Mero
A Xunta finaliza a demolición do edificio do Hotel de Pacientes do Chuac na Coruña
A demolición da estrutura e a fachada do inmoble de 10 plantas realizouse en tres semanas trala intervención de maquinaria pesada