Actualidade
Buscador de novas
O Diario Oficial de Galicia publica o nomeamento como persoal estatutario fixo e o destino definitivo de 94 profesionais de enfermería especialistas en saúde mental
As prazas distribúense nos hospitais das sete áreas sanitarias
A gripe en Galicia sitúase en intensidade basal e tendencia estable
A taxa de consultas por gripe en atención primaria diminuíu un 27,9 % e fica en 18,6 por 100.000 habitantes, polo que a intensidade descende ata o nivel preepidémico
O Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual colaboran na realización de actividades de sensibilización e mellora da comunicación
A colaboración abrangue o programa Aténdeme-Enténdeme, que consiste en visitas programadas aos centros de saúde dunha selección de persoas con discapacidade intelectual na que poderán trasladar as súas necesidades aos equipos de atención primaria
A Xunta enviará a partir do luns as SMS para completar a fase piloto do proxecto Xenoma Galicia coa recollida de mostras de saliva
A Consellería de Sanidade ten o obxectivo de que 1.000 persoas participen nesta fase do proxecto que vai elaborar o mapa xenético da cidadanía galega
A Xunta e a Universidade de Vigo colaboran no control do pole no aire para manter informada á poboación e anticipar a resposta sanitaria
A colaboración entre estes dous organismos refórzase ata o 2028 por medio dun investimento de 174.000 euros
A Xunta licita por 1,4 M€ a compra de vacinas antigripais estándar para a próxima campaña
Trátase de 350.000 doses da vacina para a poboación de 6 meses a 69 anos que non teña indicada outra vacina
O 061 de Galicia pídelles precaución aos condutores nos desprazamentos durante a Semana Santa
Resulta fundamental o uso da App Sergas Móbil para chamar ao 061 porque permite xeolocalizar a chamada e axilizar a asistencia no lugar do sinistro
A Xunta licita por máis de 44.000 euros o servizo de transporte para participar no Programa galego de detección precoz do cancro de mama
As empresas interesadas nesta licitación teñen de prazo ata o 30 de abril para presentar as súas ofertas
A Xunta licita por preto de 55.000 euros o deseño e desenvolvemento dun videoxogo para a poboación escolar con contidos sobre soporte vital básico
O proxecto enmárcase na concesión á Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), por parte do Instituto de Saúde Carlos III, dunha subvención para a realización dun proxecto de investigación sobre formación dos escolares en soporte vital
A Xunta licita por máis de 108.000 euros a adquisición dun equipo de autofluorescencia para cirurxía endocrina cervical para o Hospital Universitario de Ourense
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o vindeiro 6 de maio para presentar as súas ofertas