Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 299 novas da área temática Inclusión:

10/08/2026 | 15:48 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo visita o Campamento Urbano para Persoas con Discapacidade organizado por ARELA-CAMBRE, que conta co apoio do Goberno galego

O programa desenvólvese do 3 de agosto ao 4 de setembro nun local municipal cedido polo Concello de Cambre

10/08/2026 | 14:59 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 700 menores do sistema de protección da Xunta participaron o ano pasado no programa mentor de inserción sociolaboral

O Goberno galego destinou máis de tres millóns de euros a esta iniciativa, coa que prepara a mozas e mozos maiores de 16 anos para a vida adulta independente

08/08/2026 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a conciliación das familias cunha achega ao campamento de verán de Ponteceso

O Executivo galego aporta á Asociación Casa da Muller, organizadora da actividade, preto de 25.000 euros dentro do Plan Corresponsables

07/08/2026 | 12:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a actividade da ONG Mestura coa financiación do seu centro de día de inclusión social

O Goberno galego achegou preto de 150.000 para a adquisición do inmoble, que permite á entidade consolidar os seus servizos de atención ás persoas usuarias

05/08/2026 | 20:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o proxecto Tecendo Soños da Veiga como exemplo de inclusión social e participación das mulleres do rural

O Executivo galego valora ademais a reivindicación da creación e da transmisión da cultura que fomenta este programa, cuxo desenvolvemento financia con 15.000 euros

30/07/2026 | 15:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría na posta en marcha das primeiras Olimpiadas de Envellecemento Saudable

Antón Acevedo agradeceu o compromiso da entidade co benestar dos maiores e destacou a importancia deste tipo de accións que garanten a súa participación activa

30/07/2026 | 15:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o campamento de verán da entidade Capaces como exemplo de iniciativa de conciliación totalmente inclusiva

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, explicou que o Goberno galego financia esta actividade a través do Plan Corresponsables

25/07/2026 | 20:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a sensibilización e o asesoramento en materia de xénero a través do punto lila e arcoíris no Morriña Fest

A continuación deste evento, o Goberno galego instalará este punto informativo no Río Verbena e no Caudal Fest

25/07/2026 | 10:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que o próximo luns remata o prazo para solicitar as axudas do IRPF destinadas a financiar programas e investimentos sociais

O orzamento inicial é de 35,5 M€ e prevese que se poida ampliar ata os 42 M€, un 20% máis que o pasado ano