02/09/22 | 12:46 | C. de Política Social e Xuventude Luis López destaca o apoio e compromiso da Xunta a prol da conciliación estival no rural cunha nova edición do Campamento de Forcarei
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado polo alcalde en funcións, José de la Fuente, visitou esta mañá no Centro Social aos 66 cativos participantes dunha iniciativa que tamén está descentralizada con outro grupo no auditorio de Soutelo de Montes
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu unha axuda de case 17.000€ ao Concello de Forcarei para esta actividade ao abeiro da orde de subvencións de igualdade para entidades locais, que beneficiou a 55 concellos da provincia con 1,54 M€
As achegas para conciliación, centralizadas en campamentos e ludotecas, supuxeron unha contía total de 186.000€ e outorgáronse aos municipios de Forcarei, A Estrada, Rodeiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Pontecesures, Catoira, Valga, Meis, As Neves e Arbo
“É unha alegría ver que tantos nenos e nenas poden ter tempo de lecer e de formación no seu concello ao tempo que se facilita a vida familiar e laboral de 52 familias de Forcarei, algo que é fundamental para fixar poboación no interior da provincia”, sinalou o representante galego