Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

29/10/22 | 15:01 | Secretaría Xeral de Emigración

Chegan a Santiago os galegos do exterior que realizaron o programa conecta co Xacobeo organizado pola secretaría xeral da Emigración

Foron recibidos na praza de Mazarelos polo secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, quen os acompañou nos últimos metros ata chegar ao Obradoiro

25/10/22 | 15:08 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda destaca a colaboración da Xunta coa Sociedade Beneficente Rosalia de Castro de Sâo Paulo para a atención aos galegos con maior necesidade socioasistencial

O secretario xeral da Emigración visitou esta asociación galegobrasileira destacando a colaboración anual con esta entidade para contribuír ao financiamento da asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día, que en 2022 superou os 13.000 euros

24/10/22 | 13:11 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda visita a Asociación Recreo dos Anciáns de Río de Xaneiro destacando a colaboración da Xunta na súa labor de atención aos galegos con maior necesidade

O secretario xeral da Emigración visitou a entidade galega brasileira destacando a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 ascendeu a máis de 37.000 euros

23/10/22 | 14:06 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda participa na xuntanza de entidades galegas do Brasil que organiza a Casa de España de Río de Xaneiro

O secretario xeral da Emigración destacou a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 superou os 40.000 euros, e que ten como finalidade apoiar o funcionamento do seu centro social e manter a súa oficina de atención social

08/10/22 | 15:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Rueda dá a benvida a 250 novos beneficiarios das bolsas BEME que a Xunta pon en marcha para apoiar o retorno dos galegos no exterior e favorecer o seu asentamento en Galicia

Anima aos bolseiros a coñecer Galicia, “unha terra de oportunidades” e continuar a súa senda laboral na Comunidade unha vez rematada a formación

26/09/22 | 20:26 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda presenta ao novo director da Casa de Galicia en Madrid ás entidades galegas na capital española

No encontro analizáronse cuestións como a situación da colectividade na comunidade madrileña, as necesidades dos centros e o calendario das súas actividades para os próximos meses

23/09/22 | 15:32 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda retoma o contacto coas entidades de Canarias no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife

O secretario xeral da Emigración iniciou unha rolda de visitas polas entidades galegas nesta comunidade autónoma para coñecer como retomaron as actividades trala pandemia e agradecer o seu apoio na difusión do Ano Santo Xacobeo