Biografía do conselleiro

Biografía do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez

Alfonso Villares Bermúdez, conselleiro do Mar

Naceu en Cervo no ano 1970. É licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1996 e 2007 exerceu profesionalmente como veterinario.

Desde 1995 é concelleiro do PPdeG en Cervo, con responsabilidades de goberno desde 1999 e como alcalde desde as eleccións municipais de 2007, cando obtivo unha maioría absoluta que revalidou nas eleccións municipais de 2011, 2015, 2019 e 2023.

Tamén foi vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Desde 2023 é conselleiro do Mar.