CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Biografía do conselleiro

Biografía do conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez

José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural
José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural

Naceu en Ourense en 1970. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997 ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais. Así mesmo, foi vocal nato do comité e do pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo de2009 a 2014 e representante da aduana española en diferentes comités de reforma do código aduaneiro comunitario en 2009.

Ademais, foi membro de diferentes comisións da Autoridade Portuaria de Vigo para a coordinación dos controis do comercio exterior, profesor asociado do departamento de Dereito Financeiro na Universidade de Vigo de 2002 a 2006 e docente especialista en materia de imposto sobre o valor engadido e comercio exterior e en contabilización de impostos.

Desde 2016, José González Vázquez é deputado no Parlamento de Galicia, onde desempeñou funcións como: voceiro de Medio Rural do GPP; membro da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes; membro da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos; vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión Especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.