Biografía da conselleira
Biografía da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez
Naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Desde xuño de 2015 foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, ademais de concelleira delegada de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Promoción e Dinamización Económica e Cultura
- Ao longo da súa carreira profesional formou parte dos gabinetes das consellerías de Facenda, Economía e Industria e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- Con anterioridade, traballou en prácticas no departamento de Dereito Fiscal nun despacho de avogados
- Como formación complementaria, é máster en Dereito Empresarial polo Centro de Estudios Garrigues e diploma en EAP (English for Academic Purposes) pola University College London
- Desde decembro de 2016 ata setembro de 2018 foi directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Consellería de Política Social.