Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.136 novas da C. de Sanidade:

09/10/2025 | 11:01 | C. de Sanidade

Belén do Campo participa na inauguración da xornada organizada por APEM con motivo do Día Mundial da Saúde Mental

A delegada da Xunta referiuse ao traballo que está a desenvolver a Consellería de Sanidade coa elaboración do novo Plan de Saúde Mental de Galicia, que aposta por un modelo asistencial máis humanizado, preventivo e próximo á cidadanía

08/10/2025 | 17:44 | C. de Sanidade

A Xunta e as tres universidades galegas elaborarán un protocolo de acompañamento psicolóxico aos estudantes para o coidado da súa saúde mental

O obxectivo é velar polo benestar emocional da poboación moza nun momento no que se producen importantes cambios vitais

08/10/2025 | 12:25 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña o investimento de 3,2 M€ no centro de saúde da Milagrosa e reitera o compromiso de construír o do Sagrado Corazón cando o concello ceda os terreos

Remarca que un equipo de 25 traballadores vai materializar unha transformación total desta instalación sanitaria da rede do Sergas, que pasará a ser ampla, accesible, moderna e dotada con novos servizos para pacientes e profesionais

07/10/2025 | 13:32 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña a transcendencia internacional da investigación sanitaria que realiza o Instituto Galicia Sur

O titular da carteira sanitaria destaca a vitalidade do Instituto, con máis de 1.000 profesionais, e que o pasado ano captou máis de cinco millóns de euros para investigacións feitas en Galicia

07/10/2025 | 11:53 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño anima o alumnado da Universidade de Vigo a participar activamente na nova campaña de doazón de sangue, que o ano pasado sumou case 1.400 doazóns e 370 novos doadores

No curso 2024-2025, as tres universidades galegas conseguiron sumar máis de 4.300 doazóns, das que 1.317 foron de novos doantes

06/10/2025 | 16:44 | C. de Sanidade

A Xunta confirma a presenza de mosquito tigre no concello de Tui a través da Rede Galega de Vixilancia de Vectores, Regavivec

A identificación realizárona entomólogos da rede tras unha notificación dun veciño a través da aplicación de ciencia cidadá Mosquito Alert

06/10/2025 | 14:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Universidade de Santiago colaborarán nun proxecto de investigación para a vixilancia do consumo de drogas a través das augas residuais

Empregaranse os datos de cinco depuradoras galegas para medir o consumo de cocaína, cannabis, fentanilo e outras drogas

06/10/2025 | 14:34 | C. de Sanidade

A Xunta investirá máis de 2,3 M€ euros na compra sucesiva de equipamento electromédico para os centros de atención primaria do Servizo Galego de Saúde

Adquiriranse ecógrafos portátiles, bicicletas estáticas, básculas de biompedancia e lámpadas de procedementos

04/10/2025 | 17:18 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a hospitalización a domicilio como un dos servizos máis valorados da sanidade pública en Galicia, con máis de 7.000 pacientes atendidos en 2024

Sitúa a hospitalización a domicilio como unha das maiores transformacións do sistema sanitario para procurarlle unha asistencia máis cálida e máis humana a cada paciente

03/10/2025 | 17:48 | C. de Sanidade

O seguimento da folga de médicos acada o 13,9 % na quenda de tarde da sanidade pública galega

O seguimento da folga de médicos na quenda de mañá chega ao 39,04 %, co procesado de datos definitivo