Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.319 novas:

22/09/2026 | 20:32 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela á “oportunidade única” que teñen agora as empresas de diversificar a súa actividade cara ao sector da seguridade e a defensa

“A innovación tecnolóxica vai ser o pasaporte para entrar e estar na nova política industrial europea”, asegura

22/09/2026 | 19:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca os premios Son Muller como unha referencia para dar visibilidade ao talento feminino na provincia de Lugo

Eloína Ingerto destacou o compromiso do Goberno galego con AELU e con esta iniciativa coa que colabora anualmente

22/09/2026 | 19:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta informa de que a afección do vertido de Tordoia segue a reducirse e confirma a efectividade das barreiras fluviais instaladas por Augas de Galicia

Os resultados analíticos das mostras tomadas ao longo dos tramos afectados constatan unha evolución favorable e que os valores de amonio detectados diminuíron nunhas 40 veces desde o primeiro día, achegándose xa a limiares de normalidade

22/09/2026 | 18:46 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira

Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta unha superficie de 45 hectáreas

22/09/2026 | 17:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o labor dos centros galegos de Venezuela como núcleos de sustento da rede de atención social á colectividade galega no país

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse en Caracas cos presidentes dos centros galegos en Venezuela, onde coñeceu de primeira man as necesidades e retos destas asociacións despois dos sismos do pasado mes de xuño

22/09/2026 | 17:48 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca que a ampliación do cribado de cancro de cérvix reforza un programa que xa detectou o 75,7 % dos casos en fase inicial

A Xunta ampliará progresivamente o programa galego de detección precoz do cancro de cérvix ás mulleres de 30 a 35 anos e ás de 25 e 29 que non teñan a pauta de vacinación completa

22/09/2026 | 17:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por "industrializar a innovación" para converter o talento en crecemento empresarial e emprego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Sevilla no Al-Andalus Innovation Venture, onde pon en valor o papel da Administración como facilitadora e conectora entre startups, empresas, tecnoloxía, financiamento e mercado

22/09/2026 | 16:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a posta en marcha da nova residencia de maiores e centro de día municipais de Cerdedo-Cotobade

Este equipamento, que estará na parroquia de Carballedo, contará con 59 prazas residenciais e outras 24 de atención diúrna

22/09/2026 | 16:45 | C. do Mar

Portos de Galicia financiará o 80% das obras de reposición da pasarela de Noia para poder reabrila ao tránsito peonil en condicións de seguridade

A presidenta de Portos de Galicia reuniuse co alcalde da localidade para sentar as bases do convenio que regulará a colaboración de ambas administracións nesta actuación na que o Concello asumirá o 20% do custe