Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.122 novas da área temática Infraestruturas:

27/08/2026 | 15:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta investirá 690.000 € en traballos de renovación do Albergue Xuvenil Area en Viveiro

A actuación abrangue a adecuación de baños e vestiarios, ademais de intervir no sistema de calefacción e na rede de saneamento e abastecemento de auga

26/08/2026 | 15:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 100.000 euros á mellora de camiños rurais no Concello de Sarria

Alfonso Villares comprobou o resultado dos traballos que se executaron na vía que une San Andrés e Biville con cargo a estas axudas

26/08/2026 | 10:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan específico de acción comunitaria impulsado pola Xunta beneficia preto de 300 entidades locais

O Goberno galego inviste tres millóns de euros nesta iniciativa destinada a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas

24/08/2026 | 15:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros comproba os avances nas obras do CPI San Sadurniño

A delegada da Xunta en Ferrol visitou hoxe o centro, onde se están a levar a cabo diferentes actuacións puntuais de mellora previas ao inicio de curso escolar

24/08/2026 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Concello de Sanxenxo presentan o Plan director para acometer unha reforma completa do Colexio A Florida nos vindeiros anos

A intervención desenvolverase en tres fases e arranca este mesmo ano coa contratación da redacción do proxecto básico da primeira delas

22/08/2026 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na estrada AC-841, en Pontevea, farán necesarios desvíos de tráfico na AG-59 durante a noite do luns 24

Para executar as obras na intersección desta vía coa AC-241 será necesario o peche do último treito da AG-59, dende as 20 horas do luns ata as 7 h. do martes

21/08/2026 | 13:48 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 100.000 euros á mellora de espazos públicos en Rábade

Alfonso Villares visitou os traballos de renovación da sinalización viaria no casco urbano que se executan ao abeiro da nova liña de axudas da Consellería do Medio Rural para a creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais

21/08/2026 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as axudas para as áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para 2026, cun investimento de máis de 2,8 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria, que establece para a ARI dos Camiños unha dotación de 2.030.000€, e na Ribeira Sacra, de 800.000€

20/08/2026 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Villares destaca o compromiso da Xunta coa mellora dos servizos e a dinamización de Guntín

Na súa visita institucional ao concello, o delegado puxo en valor recentes colaboracións en materia de infraestruturas, emprego, eficiencia enerxética e xestión de residuos

20/08/2026 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios para a construción dunha senda na estrada AC-542 en Ordes

O levantamento das actas previas á ocupación están convocados o 21 de setembro, na nave agraria no Mesón do Vento e na sala de xuntas do concello de Carral; e a formalización levaranse a cabo o 17 de novembro