Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 104 novas da área temática Xustiza:

03/04/2024 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a adxudicación do servizo de transporte escolar da Xunta

Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que un único adxudicatario superara o máximo de adxudicacións previstas nos pregos de contratación

01/04/2024 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 350.200€ anuais aos custos de persoal e á dotación de equipamento do novo xulgado de primeira instancia da Coruña

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou esta mañá o novo órgano xudicial que comeza a funcionar esta semana e será atendido por 8 traballadores da Administración de Xustiza

27/03/2024 | 10:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A aplicación da robotización á xestión de pagos en procesos xudiciais facilitará a axilización da tramitación

A Xunta está a pilotar a automatización robótica de procesos nunha vintena de procedementos, tanto da Administración xeral como do eido xudicial

26/03/2024 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Consello da Avogacía Galega avanzan na mellora da prestación da asistencia xurídica gratuíta

Acordaron a actualización e inclusión de novos conceptos no baremo de compensacións aos profesionais que realizan o servizo, así como a axilización no pago da representación e defensa das persoas insolventes

21/03/2024 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga pola transformación dixital a prol dunha xustiza máis próxima e accesible

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou nas ‘Xornadas sobre as reformas procesuais do Real decreto lei 6/2023: xuízos telemáticos, expediente xudicial electrónico e outras novidades de interese’ organizadas polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago

21/03/2024 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala o papel clave da Intelixencia artificial no eido legal e a necesidade de abordar os desafíos que representa

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración das ‘XXIX Xornadas da Sociedade Española de Filosofía Xurídica e Política’, centradas nos retos da filosofía do dereito ante a intelixencia artificial

15/03/2024 | 22:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca as figuras dos profesionais da avogacía e da procuradoría como pezas esenciais da xustiza

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou no acto de despedida da 11ª promoción do Máster Universitario en Avogacía

08/03/2024 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Case 120 persoas condenadas por delitos de tráfico participaron o ano pasado en obradoiros de educación viaria promovidos pola Xunta

Estes cursos enmárcanse nun convenio co Ministerio do Interior, que se encarga da selección dos beneficiarios das prazas para persoas con condenas de traballos en beneficio da comunidade

04/03/2024 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as melloras de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido, visitaron hoxe o inmoble, onde se realizarán melloras que afectarán sobre todo ás zonas da subdirección do Imelga e do xulgado de garda co obxectivo de mellorar o seu funcionamento e a calidade do servizo

01/03/2024 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia presenta na Conferencia Sectorial de Xustiza os obxectivos de dixitalización cumpridos neste eido

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, participou no encontro entre o Ministerio e as comunidades autónomas desenvolvido hoxe en Palencia