Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Portos:

20/08/2026 | 15:56 | C. do Mar

Villaverde destaca a Festa do Mar de Combarro como un escaparate excepcional para a gastronomía e a cultura mariñeira de Galicia

A conselleira do Mar puxo en valor a capacidade deste evento para proxectar a identidade mariñeira da vila, promover o consumo de produtos pesqueiros de proximidade e dinamizar a economía local

19/08/2026 | 12:51 | C. do Mar

A Xunta reforza a colaboración coa Confraría de Mugardos para impulsar a actividade marisqueira

A Consellería do Mar mobilizou máis de 138.000 euros en axudas para a entidade entre 2025 e 2026 destinados á xestión da pesca artesanal, á recuperación dos bancos marisqueiros e á mellora dos medios de traballo

18/08/2026 | 11:32 | C. do Mar

A Xunta destaca no Vicedo o seu compromiso por garantir o subministro de semente ao sector marisqueiro para a recuperación dos bancos

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou as instalacións do criadoiro de moluscos bivalvos dirixido polo persoal científico do CIMA

11/08/2026 | 13:40 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Mar

Os portos de Galicia recibiron na primeira metade do verán preto de 1.800 barcos en tránsito que xeraron un volume de negocio de 2,2 M€

Natalia Botana visitou o peirao deportivo de Muros que foi o que recibiu máis turistas náuticos neste período

09/08/2026 | 15:57 | C. do Mar; C. de Política Social e Igualdade
08/08/2026 | 15:52 | C. do Mar

Villaverde reivindica a calidade dos peixes e mariscos galegos nas V xornadas “No mar da lonxa de Laxe”

A conselleira do Mar recibiu o recoñecemento de “Embaixadora dos Peixes e Mariscos de Laxe”, xunto coa chef Luicía Freitas

07/08/2026 | 16:00 | C. do Mar

Mar avanza na integración entre o porto de Malpica e a vila coa instalación dunha marquesiña pública para desfrute da veciñanza

A conselleira, Marta Villaverde, visitou as obras executadas que responden á petición da cidadanía para habilitar unha zona resgardada ante as inclemencias meteorolóxicas