Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta pola concienciación da mocidade galega na acción climática para avanzar cara a unha comunidade neutra en emisións
Paula Uría Incide en que as charlas promovidas pola Xunta permiten ao alumnado poder coñecer proxectos reais e innovadores que se están a desenvolver en Galicia
O Parque Nacional das Illas Atlánticas forma a guías e profesionais sobre a atención a persoas con trastorno do espectro autista nas visitas a espazos naturais
Nesta xornada, que está dirixida a guías, profesionais e persoal do Parque, abordaranse contidos sobre a creación de experiencias accesibles e inclusivas
A Xunta licita por preto de 80.000 euros as obras de mellora do saneamento no Camiño da Torroeira, en Mos
As actuacións enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre os Gobernos autonómico e local co fin de conectar 12 vivendas da zona aos sistemas de tratamento de augas residuais municipais
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para crear un parque e urbanizar unha zona verde no concello de Pontevedra
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos no ámbito de actuación, pero inclúe condicionantes para introducir melloras nalgunhas cuestións
A Xunta dá luz verde ambiental ao plan especial de protección do núcleo rural de Santa Eufemia no concello de Baños de Molgas
O informe ambiental estratéxico emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé efectos ambientais adversos significativos na contorna
A Xunta inicia en Viveiro os traballos para reducir o risco de inundación no núcleo da Tafona e mellorar a contorna do río Fontecova
Ángeles Vázquez destaca que esta actuación suporá un antes e un despois na protección das persoas e dos inmobles ante posibles asolagamentos cun investimento de preto de 1 millóns de euros, do que a Xunta aporta o 60%
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións ao plan para urbanizar a zona do complexo industrial do Grupo Empresas Álvarez en Vigo e construír ata 950 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos no ámbito de actuación, pero inclúe condicionantes para introducir melloras nalgunhas cuestións
A Xunta e Cretus avalían vías de colaboración para reforzar o papel de Galicia como referente en políticas ambientais e sostibilidade a nivel internacional
Coinciden en sinalar a celebración en Galicia da conferencia internacional da Sociedade para os Sistemas Socio-Ecolóxicos como unha oportunidade para visibilizar as prácticas e iniciativas galegas no eido da sostibilidade e da conservación da biodiversidade
A Xunta desenvolve en Lugo unha acción de concienciación para reforzar a recollida separada de biorresiduos
O delegado territorial informou desta iniciativa, enmarcada na campaña ‘Co marrón somos máis verdes’, e animou á cidadanía a facer unha correcta separación dos residuos domésticos para avanzar no modelo de economía circular