Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia o ciclo musical ‘Novos Pulsos’ que se retoma este venres en Santiago de Compostela co concerto de Taïn
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega 34.000€ ao proxecto, no marco das axudas para programación musical en salas privadas
A Xunta recibe en 12 días máis de 300 solicitudes ás achegas de adquisición de vivenda para menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes
A conselleira lembrou que o orzamento destinado a esta convocatoria ascende a 2M€ e que as achegas incrementaron a contía máxima ata os 15.000€ por vivenda
Martina Aneiros loa a traxectoria de Teima Down Ferrol e recorda que aínda se poden solicitar as axudas á contratación de vítimas de violencia de xénero
A delegada da Xunta en Ferrol visitou hoxe as instalacións da asociación, que contratou a dúas técnicas de apoio grazas a unha axuda de 53.000 euros o pasado ano
Galicia mantense entre as comunidades con mellores resultados globais no informe PISA malia a incidencia negativa da Lomloe en toda España
O ensino galego volve ser o primeiro en canto a equidade en toda a OCDE, o que confirma a igualdade de oportunidades que ofrece o sistema para todos os estudantes
A Xunta denuncia que o Goberno central busca unha recentralización das competencias sobre a xestión do litoral coa reforma do regulamento de Costas
Ángeles Vázquez advirte de que á modificación do regulamento, que prevé cambios moi graves con relación ás concesións, súmase un novo intento do Goberno central de cambiar o marco normativo en materia de litoral para ampliar a liña de deslinde do dominio público o que podería afectar a máis de 2.500 edificacións costeiras en Galicia
María José Gómez salienta Galicia como potencia do sector da mazá para sidra, que este ano adianta a súa campaña de colleita
A conselleira do Medio Rural visitou hoxe as cooperativas Ullama e Maestra, ambas produtoras de sidra do concello da Estrada
A Xunta ultima os detalles para a próxima apertura da estación intermodal da Coruña
O Goberno galego vén de remitir ao Concello da Coruña unha proposta formal para implantar unha nova parada na Ronda de Outeiro, número 95, co obxectivo de facilitar os desprazamentos na zona da actual estación de autobuses
Gómez Caamaño destaca o incremento de recursos humanos do Plan de Saúde Mental 2026-2030, que incorporará 100 novos profesionais xa o vindeiro ano
Incide en que o plan supón un salto importante en canto a investimento, ao contar cun orzamento de máis de 177 M€, máis do dobre que o anterior
A Xunta sorteará esta semana 50 vivendas de promoción pública na Coruña e 48 en Ferrol, destinadas a alugueiro accesible
O 40% destas vivendas adxudicaranse a mozos menores de 36