Actualidade
Buscador de novas
As obras de reforzo de firme na autovía do Barbanza farán necesario o corte do último tramo da AG-11 o mércores 9 e o xoves 10
Tratase de acometer os traballos de estendido de aglomerado, desde o punto quilométrico 38+000 (enlace de Palmeira) ata o 40+006 (enlace de Ribeira)
A Xunta pon en valor o traballo da nova Unidade de investigación de conservación da natureza, que coloca a Galicia á vangarda en protección ambiental
Destaca o nivel de especialización desta brigada, integrada actualmente por oito axentes con formación específica en criminalística ambiental, manexo e captura de fauna silvestre e aplicación de novas tecnoloxías de vixilancia, entre outras cuestións
A Xunta licita por máis de 589.000 € a subministración e instalación de mobiliario para o Edificio C do Hospital Clínico Universitario de Santiago
As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 6 de outubro para presentar as súas ofertas
Rueda avanza que a Xunta traballa no deseño do novo Plan de financiamento universitario que contará co orzamento máis alto da historia
Salienta que Galicia foi pioneira ao dotar aos campus dunha folla de ruta para coñecer con previsión os recursos dos que van dispoñer e mellorar a súa xestión
A Xunta destaca o proxecto Plantavid como exemplo de innovación para afrontar os retos da viticultura galega
A iniciativa recibiu unha mención especial na sección de Viticultura e Enoloxía do V Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario
A Xunta licita o contrato de defensa xurídica do Servizo Galego de Saúde fronte ao cártel dos absorbentes
As empresas que foron sancionadas polo cártel acordaron un prezo dos absorbentes para adultos que resultou ser o dobre do logrado nas licitacións públicas das distintas comunidades autónomas
‘Our Fest’ consolídase como referente do rock alternativo en Galicia co apoio de Concertos do Xacobeo
A cita reunirá o 19 de setembro en Expourense seis nomes fundamentais da escena internacional, estatal e galega
Lorenzana destaca o novo proxecto empresarial dos antigos estaleiros Triñanes como exemplo da capacidade do sector naval para diversificarse e modernizarse
Este emblemático estaleiro de carpintería de ribeira, con novos propietarios, está ampliando as súas liñas de negocio cara a outro tipo de embarcacións, ademais das tradicionais