Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca as oportunidades da transición ecolóxica para crear emprego, atraer talento e impulsar novos negocios en Galicia
José González salienta que a descarbonización da economía está a transformar o mercado laboral, nun contexto que demanda novos perfís profesionais e exixe novas competencias e necesidades de cualificación
López Campos avalía cos responsables dos museos as novas necesidades de seguridade “para facer fronte aos novos retos e riscos de xeito coordinado”
O responsable autonómico de Cultura destaca que o obxectivo do encontro é “compartir información e recoñecer áreas de mellora neste eido”
A Xunta presenta a nova Business Factory Energy, que impulsará a innovación empresarial en enerxía
Nace co obxectivo de identificar e acelerar proxectos innovadores capaces de dar resposta aos desafíos do sector, e ser unha ponte segura entre o talento e a realidade esixente do mercado global
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 130.000 euros para a mellora da rede eléctrica co soterramento dunha líña aérea de media tensión no polígono de Merelle en Ordes
A delegada da Xunta tamén explicou que o Goberno galego pechou recentemente o prazo dunha nova orde deste tipo de axudas, destinada ao reforzo e á extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da comunidade cun orzamento de 2,5 millóns de euros
Medio Rural destina medio millón de euros a apoiar os consellos reguladores dos produtos galegos de calidade diferenciada
A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución destas achegas, das que se benefician 15 entidades que xestionan indicacións xeográficas e denominacións de orixe protexidas
Galicia aposta pola especialización tecnolóxica en ámbitos como o dos xemelgos dixitais para a xestión do territorio
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inaugurou hoxe unha xornada coas CC.AA. que participan nun proxecto das Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica
A descentralización de Medicina avanza segundo o previsto ao cumprir os obxectivos establecidos para este curso
No 2026/27 estará totalmente descentralizada a docencia clínica práctica de 5º e 6º curso e xa se está ultimando a incorporación dos profesores asociados de Ciencias da Saúde das universidades de Vigo e A Coruña
A Xunta insta á empresa responsable das obras da represa no río Umia a corrixir as deficiencias detectadas e garantir a continuidade fluvial
Nunha recente inspección, o persoal da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático non observou afeccións negativas á flora ou á fauna nin turbidez da auga, pero si detectou que as actuais filtracións no corpo da presa están impedindo o seu correcto funcionamento