Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.589 novas:

07/09/2026 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia celebra en decembro o primeiro Congreso Nacional de Innovación Local

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP organiza este encontro para o intercambio de experiencias e boas prácticas entre as administracións locais de toda España, co obxectivo de impulsar a innovación no eido municipal

07/09/2026 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
07/09/2026 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta aproba o Plan estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2026-2030 que incrementa preto dun 50 % os profesionais e acada un investimento de 177 M€

O conselleiro de Presidencia salienta que este orzamento “duplica con creces” o do Plan anterior e busca avanzar “cara un modelo asistencial máis accesible e coordinado”

07/09/2026 | 14:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Filmoteca de Galicia abre o curso co filme ‘Resurrection’ e tres ciclos dedicados a Vittorio de Sica, Viola Stephan e Kleber Mendonça Filho

A cinemateca da Xunta retoma mañá as proxeccións despois do verán co último traballo do director chinés Bi Gan, que terá un segundo pase o venres 11 dentro da sección ‘Fóra de serie’

07/09/2026 | 14:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo abre o seu curso con 6.000 alumnos en 300 grupos e 103 profesores

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns as instalacións educativas que abriron xa o seu período de matrícula

07/09/2026 | 14:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta analiza cos concellos de Cualedro, Laza e Monterrei a figura da mancomunidade como ferramenta para xestionar de forma conxunta a auga

Aínda que a comarca non presenta actualmente problemas de subministro, coinciden na necesidade de anticiparse a posibles escenarios de escaseza no futuro e de explorar as vantaxes e o potencial que teñen neste sentido as fórmulas de xestión supramunicipal

07/09/2026 | 14:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Vigo a aposta pola mocidade como colectivo prioritario á hora de cubrir as vacantes do mercado laboral galego

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, visitou hoxe a empresa téxtil RC FIL NON-TEX, que contratou este ano unha persoa moza grazas ao programa autonómico de Primeira experiencia profesional

07/09/2026 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

O Consello declara de interese autonómico o proxecto de ordenación da contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, salienta que o obxectivo é “dispoñer canto antes” dos terreos necesarios para a ampliación e renovación do hospital, incluíndo as actuacións de urbanización, accesos e mobilidade

07/09/2026 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lanza novas medidas para o reforzo educativo cun Programa de apoios extraescolares e plans integrais de mellora para cada centro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destaca que a principal medida ten por obxectivo reforzar a aprendizaxe do alumnado de 6º curso de Primaria que máis o precise para facilitar o cambio de etapa á ESO