Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.683 novas da área temática Sanidade:

09/09/2026 | 14:07 | C. de Sanidade
09/09/2026 | 12:59 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña que a planificación do Servizo Galego de Saúde permitiu realizar este verán un 4,8 % máis de consultas e un 2,3 % máis de probas nos hospitais galegos

Destaca que entre xuño e agosto os hospitais realizaron 54.896 consultas e 23.034 probas diagnósticas máis que no mesmo período de 2025

08/09/2026 | 15:11 | C. de Sanidade
08/09/2026 | 15:04 | C. de Sanidade

A Xunta licita o contrato de defensa xurídica do Servizo Galego de Saúde fronte ao cártel dos absorbentes

As empresas que foron sancionadas polo cártel acordaron un prezo dos absorbentes para adultos que resultou ser o dobre do logrado nas licitacións públicas das distintas comunidades autónomas

08/09/2026 | 13:03 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o incremento de recursos humanos do Plan de Saúde Mental 2026-2030, que incorporará 100 novos profesionais xa o vindeiro ano

Incide en que o plan supón un salto importante en canto a investimento, ao contar cun orzamento de máis de 177 M€, máis do dobre que o anterior

07/09/2026 | 20:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A descentralización de Medicina avanza segundo o previsto ao cumprir os obxectivos establecidos para este curso

No 2026/27 estará totalmente descentralizada a docencia clínica práctica de 5º e 6º curso e xa se está ultimando a incorporación dos profesores asociados de Ciencias da Saúde das universidades de Vigo e A Coruña

07/09/2026 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta aproba o Plan estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2026-2030 que incrementa preto dun 50 % os profesionais e acada un investimento de 177 M€

O conselleiro de Presidencia salienta que este orzamento “duplica con creces” o do Plan anterior e busca avanzar “cara un modelo asistencial máis accesible e coordinado”

07/09/2026 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

O Consello declara de interese autonómico o proxecto de ordenación da contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, salienta que o obxectivo é “dispoñer canto antes” dos terreos necesarios para a ampliación e renovación do hospital, incluíndo as actuacións de urbanización, accesos e mobilidade

07/09/2026 | 11:22 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento como estatutario fixo e a adxudicación de destino dos seleccionados en varios procesos selectivos

Resultan nomeados 8 profesionais na categoría de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, 16 na de técnico superior en dietética e 7 na de técnico superior en documentación sanitaria