A clave de acceso a Chave365

A clave de acceso é o contrasinal

que usas para entrar con Chave365. 

A primeira vez que entres no sistema

tes que cambiar a clave.

Despois, debes cambiala

polo menos 1 vez ao ano.

Isto faise para que a túa conta sexa máis segura.

Cambiar a clave a primeira vez que accedes

Cando teñas o teu usuario de Chave365,

recibirás unha clave por SMS.

O SMS chegará ao teléfono móbil

que puxeches no formulario.

Despois, tes que entrar nunha destas opcións:

Para entrar, tes que escribir:

  • o teu DNI,
  • e a clave que recibiches por SMS.

Despois, pulsa no botón “Entrar”.

Verás a seguinte mensaxe:

Cambio da clave de acceso

Dálle a "Cambiar clave"

e escribe a túa nova clave de acceso.

A nova clave debe ter

6 caracteres ou máis.

Estos caracteres poden ser

letras e números.

Debes escribir a nova clave 2 veces.

Formulario de cambio da clave de acceso

Cando escribas a túa nova clave,

pulsa en “Cambiar clave”.

Despois, aparecerá un aviso

para confirmar que a clave se cambiou ben.

Cando vexas ese aviso,

pecha o navegador.

Despois, abre outra vez o navegador

e entra de novo na sede electrónica.

A partir dese momento,

usa sempre a túa nova clave.

Cambiar ou recuperar a túa clave de Chave365

Podes necesitar unha nova clave de Chave365

por 3 motivos:

  • porque queres cambiar a túa clave, 
  • porque esqueciches a túa clave,
  • ou porque a túa clave caducou.

Lembra que a clave de Chave365

vale durante 1 ano.

Cando pasa 1 ano,

tes que renovar a clave

por seguridade.

Cando a túa clave está a piques de caducar,

recibes un SMS no teu teléfono móbil.

Ese SMS avísate

de que tes que cambiar a clave.

Cambia a clave canto antes.

Agora explicámosche como podes cambiar ou renovar 

a túa clave de acceso a Chave365.

Podes cambiar a clave de 2 formas:

Aquí explicámosche

como cambiar a clave desde a área privada 

da sede electrónica da Xunta.

Segue estes pasos:

  • Entra na área privada.
  • Escribe o teu DNI.
  • Escribe a túa clave de acceso de Chave365.

Clave de acceso

  • Fai clic en O meu perfil.

  • Despois fai clic en Chave365.

    Nesta sección podes ver

    os teus datos de Chave365.

Acceso a Chave365 no perfil

  • Fai clic onde pon Cambiar clave.

Cambiar clave

  • Escribe a túa clave actual. 

  • Despois escribe 2 veces a clave nova.

    A clave nova debe ter

    6 caracteres ou máis.

    Os caracteres poden ser letras ou números.

  • Fai clic en Cambiar clave.

Cambiar clave botón

  • A túa clave xa está cambiada.
  • Pecha o navegador. 
  • Volve a abrir o navegador

    para usar

    a clave

    nova.

Importante

Por seguridade,

tes que cambiar a túa clave de acceso

cando pasa 1 ano.

Podes cambiala nesta páxina:

https://sede.xunta.gal/a-mina-sede/perfil/chave365

Tes 5 intentos

para cambiar a clave.

Se usas os 5 intentos

e non cambias a clave,

xa non podes acceder.

Outras opcións de recuperar a clave

Lembra que tes outras opcións

de recuperar ou cambiar a túa clave de acceso a Chave365.

Estas opcións son: 

  • Con certificado dixital,

    DNI electrónico ou Cl@ve.

    Para acceder a estas opcións

    debes entrar no teu perfil de Chave365.

  • Por videoidentificación.

    Para facelo, cobres o formulario de Chave365

    dentro do Asistente en liña

    de administración electrónica.

    Despois de enviar o formulario,

    o persoal técnico envíache as instrucións

    para facer a videoidentificación.

    Cando termina a videoidentificación

    recibes a nova clave no teu teléfono móbil.

  • De forma presencial.

    Para facelo presencial

    ve a unha oficina da Administración 

    onde rexistran persoas usuarias de Chave365.

    Podes ver as oficinas aquí.

 

Ligazóns relacionadas