Que é Chave365?

Chave365 é unha clave persoal

que serve para facer trámites por Internet

coa Xunta de Galicia.

Quen pode usar Chave365?

Poden usar Chave365:

  • as persoas maiores de 18 anos
  • e as persoas menores de idade emancipadas.

Unha persoa menor de idade emancipada

é unha persoa menor de 18 anos

que a lei recoñece como unha persoa adulta.

O sistema Chave365 só está dispoñible

para persoas físicas.

Unha persoa física é unha persoa concreta.

Por exemplo: ti, outra persoa ou un familiar.

Tamén poden usar Chave365

as persoas representantes

ou apoderadas doutra persoa.

A persoa representante ou apoderada

debe ter un  documento oficial

que lle permita facer este trámite

en nome doutra persoa.

Que autorización fai falta para pedir Chave365

en nome doutra persoa?

Para pedir Chave365 en nome doutra persoa

necesitas un poder notarial orixinal.

Un poder notarial é un documento oficial

que se fai ante un notario ou unha notaria.

Este documento demostra

que unha persoa pode actuar legalmente

en nome doutra.

O poder notarial pode ser:

  • un poder xeral,
  • ou un poder específico para pedir Chave365.

Un poder específico para pedir Chave365

quere dicir que o documento di 

que esa persoa pode pedir Chave365

en nome doutra.

Ligazóns relacionadas