Como renovar o teu usuario de Chave365?

O teu usuario de Chave365

é válido durante 4 anos. 

Os 4 anos empezan contados desde

o día que te dás de alta.

Cando pasan 4 anos,

o teu usuario caduca.

A Xunta de Galicia avísate

60 días antes de que caduce o teu usuario.

Para avisarte, envíache un SMS

ao teu teléfono móbil.

Podes renovar o teu usuario

de 3 formas:

  • Na sede electrónica

    Podes renovar o teu usuario

    na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Para entrar na sede electrónica, podes usar:

    • certificado dixital,
    • DNI electrónico,

    • Chave365,

    • ou Cl@ve.

    Despois, entra en O meu perfil.

    Dentro de O meu perfil,

    entras no apartado Chave365.

    Método de identificación

  • Co formulario PR001A.

    O formulario PR001A chámase:

    Alta/renovación de Chave365.

    Nese formulario,

    aparece a opción Renovación

    de forma automática. 

    Formulario PR001A

  • Na app XuntaEu.

    Para entrar, podes usar:

    • certificado dixital,

    • DNI electrónico,

    • ou Chave365.

    Dentro da app,

    entra na sección Chave365 Activo.

  • De forma presencial

    Tamén podes renovar o teu usuario

    nunha oficina.

    Ten que ser unha oficina

    onde fan o rexistro

    de persoas usuarias de Chave365.

    Podes ver as oficinas que fan o rexistro 

    de persoas usuarias de Chave365

    nesta ligazón. 

Ligazóns relacionadas