-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
Dicionario de conceptos básicos
Alegacións
Volver ao índice
As alegacións son explicacións
ou información nova
que a persoa quere engadir
a un expediente.
Anexo
Volver ao índice
Un anexo é un documento
que acompaña a unha solicitude.
AutoFirma
Volver ao índice
AutoFirma é un programa
que podes instalar no teu ordenador.
Serve para asinar documentos por Internet.
Por exemplo, podes asinar:
-
solicitudes,
-
formularios,
-
documentos PDF,
-
outros documentos oficiais.
Onde se pode usar?
AutoFirma pódese usar en ordenadores con:
-
Windows,
-
Linux,
-
Mac.
Que necesitas para usar AutoFirma?
Para usar AutoFirma necesitas
ter unha forma de identificarte.
Por exemplo:
- un certificado dixital,
-
o DNI electrónico.
A sinatura con AutoFirma é válida?
Si.
A sinatura que fas con AutoFirma
ten validez legal.
Isto significa que serve igual
que unha sinatura feita á man,
cando o trámite permite asinar por Internet.
Carpeta cidadá
Volver ao índice
A Carpeta cidadá é o espazo persoal
onde a Administración garda información
relacionada contigo.
Certificado de rexistro de cidadáns e cidadás
Volver ao índice
da Unión Europea
Este documento demostra que unha persoa estranxeira
está inscrita no Rexistro Central de Estranxeiros.
O Rexistro Central de Estranxeiros
é un rexistro oficial de España.
Neste rexistro aparecen as persoas estranxeiras
que viven en España.
Quen debe pedilo?
Deben pedilo as persoas que
son cidadás dun país da Unión Europea,
ou que son cidadás doutro país
do Espazo Económico Europeo,
e van vivir en España durante máis de 3 meses.
Por exemplo, unha persoa de Francia ou Italia,
que vén vivir a España máis de 3 meses.
Para que serve?
Este documento serve para demostrar
que a persoa vive en España de forma legal.
Tamén serve para demostrar
que está inscrita como persoa estranxeira
que vive en España.
Certificado de sinatura
Volver ao índice
Un certificado de sinatura
é unha identificación dixital
que permite asinar documentos.
Certificado dixital
Volver ao índice
Un certificado dixital
é un documento electrónico.
Serve para demostrar quen es
cando fas xestións por Internet.
É parecido a un DNI,
pero úsase en páxinas web.
Para que serve?
O certificado dixital serve para:
-
entrar en páxinas oficiais,
-
facer trámites por Internet,
-
presentar documentos,
-
consultar información persoal,
-
asinar documentos de forma legal.
Onde se pode usar?
Podes usalo dende:
- un ordenador,
- un teléfono móbil,
- unha tableta.
Chave365
Volver ao índice
Chave365 é unha clave persoal
que serve para facer trámites por Internet
coa Xunta de Galicia.
Cl@ve permanente
Volver ao índice
Cl@ve Permanente é un sistema
para identificarte en Internet.
Serve para entrar en servizos electrónicos
da Administración.
Está pensado para persoas
que fan trámites por Internet.
Que necesitas para usar Cl@ve permanente?
Para usar Cl@ve permanente necesitas:
-
estar rexistrado ou rexistrada no sistema,
-
o teu DNI ou NIE,
-
un contrasinal persoal.
O contrasinal elíxelo ti
cando activas Cl@ve permanente.
Ese contrasinal é privado.
Só debes coñecelo ti.
Que pasa nos trámites máis seguros?
Algúns trámites necesitan máis seguridade.
Neses casos, ademais do teu DNI ou NIE
e do teu contrasinal,
pódenche pedir un código.
Ese código chámase OTP.
OTP significa que é un código
dun só uso.
A Administración envíache ese código
por SMS ao teu teléfono móbil.
Despois tes que escribir ese código
para confirmar que es ti.
DEHú
Volver ao índice
O DEHú é o Enderezo Electrónico Único.
É un servizo de Internet
do Goberno de España.
Na DEHú podes consultar
as notificacións e comunicacións que che envían
as Administracións públicas.
Dixitalizar
Volver ao índice
Dixitalizar significa converter un documento físico
nun documento electrónico.
DNI electrónico
Volver ao índice
O DNI electrónico é un documento oficial
que di quen es.
O DNI electrónico serve para identificarte
de 2 formas:
- en persoa,
-
por Internet.
Que ten o DNI electrónico?
O DNI electrónico ten un chip.
Un chip é unha pequena peza
que garda información de forma segura.
Ese chip permite usar o DNI
para facer trámites por Internet.
Para que serve?
O DNI electrónico serve para:
-
demostrar quen es en Internet,
-
entrar en páxinas oficiais,
-
facer trámites online,
-
asinar documentos por Internet.
A sinatura co DNI electrónico é válida?
Si.
Asinar co DNI electrónico por Internet
ten a mesma validez legal
que asinar un documento á man.
Dobre factor de identificación
Volver ao índice
O dobre factor de identificación
é unha medida que aumenta a seguridade
cando entras nun servizo dixital.
Isto significa que non chega
con escribir un contrasinal.
Tamén tes que demostrar
que es ti doutro xeito.
Por exemplo, cun código
que recibes no teu teléfono móbil.
Emenda
Volver ao índice
Unha emenda é unha corrección
ou unha información nova
que debes presentar.
Enderezo Electrónico Único
Volver ao índice
O Enderezo Electrónico Único
é un servizo de Internet
do Goberno de España.
Este servizo tamén se chama DEHú.
Na DEHú podes consultar
as notificacións e comunicacións que che envían
as Administracións públicas.
É-Saúde
Volver ao índice
É-Saúde é unha páxina web do Sergas.
O Sergas é o servizo de saúde de Galicia.
En É-Saúde podes ver información sobre a túa saúde.
Por exemplo, podes:
-
consultar os teus informes médicos,
-
ver resultados de análises e probas,
-
revisar as túas citas médicas,
-
pedir, cambiar ou cancelar citas,
-
ver os medicamentos que tes que tomar,
-
saber cando podes recoller os teus medicamentos na farmacia,
-
ler información fiable sobre saúde.
Podes usar É-Saúde dende un ordenador,
un teléfono móbil
ou unha tableta.
Para entrar,
tes que identificarte de forma segura.
Expediente
Volver ao índice
Un expediente é o conxunto de documentos
dun trámite.
Expediente-e
Volver ao índice
Un Expediente-e é unha carpeta dixital
onde se gardan os documentos dun trámite.
Por exemplo,
-
unha solicitude,
-
un informe
-
ou unha resposta da Administración.
O Expediente-e non está en papel.
Está en formato dixital.
Ten o mesmo valor legal
que un expediente en papel.
Tamén pode ter sinaturas dixitais
ou selos electrónicos.
Estas sinaturas serven para demostrar
que os documentos son válidos
e que non se cambiaron.
O Expediente-e axuda a:
-
facer trámites por Internet,
-
aforrar papel,
-
atopar documentos máis rápido,
-
evitar desprazamentos,
-
e axilizar a xestión.
Úsano moitas Administracións públicas,
como a Xunta de Galicia.
Tamén pode usarse noutros ámbitos,
por exemplo en saúde
ou no traballo.
Megabytes
Volver ao índice
Os megabytes serven para medir
o tamaño dun ficheiro.
NIE
Volver ao índice
O NIE é o número de identificación
dunha persoa estranxeira en España.
NIF
Volver ao índice
O NIF é o número
que identifica unha persoa
para facer trámites.
Notificación
Volver ao índice
Unha notificación é unha comunicación oficial
da Administración.
Notificación electrónica
Volver ao índice
As notificacións electrónicas
son comunicacións oficiais
que a Administración che envía
por medios dixitais.
Por exemplo, poden informarche
sobre unha solicitude, unha axuda
ou outro trámite.
Notifica.gal
Volver ao índice
Notifica.gal é unha páxina web da Xunta de Galicia.
Serve para recibir notificacións oficiais.
Unha notificación oficial é un aviso importante
dunha Administración pública.
Por exemplo,
a Xunta pode enviarche unha notificación
sobre unha axuda, un trámite ou unha solicitude.
En Notifica.gal podes ver todas as túas notificacións
nun mesmo sitio.
Cando recibes unha notificación,
podes recibir un aviso
por correo electrónico ou por SMS.
É importante entrar e lela pronto.
Tes 10 días naturais para abrir a notificación.
Se non a abres neses 10 días,
a Administración pode entender
que a rexeitaches.
Para entrar en Notifica.gal,
tes que identificarte de forma segura.
Podes usar sistemas como Chave365 ou Cl@ve.
Poder notarial orixinal
Volver ao índice
Un poder notarial é un documento oficial
que se fai ante un notario ou unha notaria.
Este documento demostra
que unha persoa pode actuar legalmente
en nome doutra.
Recibo de presentación
Volver ao índice
O recibo de presentación
é o documento que recibes
despois de presentar un trámite por Internet.
Reclamación patrimonial
Volver ao índice
Unha reclamación patrimonial
serve para pedir unha compensación económica
por un dano causado pola Administración.
Recurso administrativo
Volver ao índice
Un recurso administrativo
serve para pedir que a Administración
revise unha decisión.
Rexistro electrónico
Volver ao índice
O Rexistro electrónicoé o sistema
que recibe e garda
os trámites presentados por Internet.
Sede electrónica da Xunta de Galicia
Volver ao índice
A sede electrónica da Xunta de Galicia
é unha páxina web oficial da Xunta.
O seu enderezo é: sede.xunta.gal
Nesta páxina podes facer xestións
coa Xunta de Galicia
sen ter que ir en persoa a unha oficina.
Para que serve?
A sede electrónica serve para:
-
presentar solicitudes,
-
consultar como vai un trámite,
-
recibir avisos e notificacións,
-
enviar documentos,
-
facer xestións de forma dixital.
Quen pode usala?
Poden usala:
-
a cidadanía,
-
as empresas,
-
as entidades,
-
as persoas profesionais.
É segura?
Si.
É unha páxina oficial e segura.
Para facer algúns trámites
pode ser necesario identificarse.
Por exemplo, con:
- certificado dixital,
- DNI electrónico,
- Chave365.
Selo electrónico
Volver ao índice
O selo electrónico serve para comprobar
que un recibo electrónico
foi creado pola Xunta.
SMS
Volver ao índice
Un SMS é unha mensaxe de texto
que chega ao móbil.
Tarxeta vermella de asilo
Volver ao índice
A tarxeta vermella é un documento provisional
que reciben algunhas persoas estranxeiras
que piden asilo ou protección internacional en España.
Provisional significa
que non é un documento definitivo.
Por que unha persoa pide a tarxeta vermella?
Unha persoa pode pedir a tarxeta vermella
porque solicitou asilo ou protección internacional.
Isto pode pasar cando unha persoa
non pode volver ao seu país
porque alí pode estar en perigo.
Por exemplo, por motivos de guerra, violencia,
persecución ou outras situacións graves.
Para que serve a tarxeta vermella?
A tarxeta vermella serve para demostrar
que a persoa pode estar en España de forma legal
mentres se estuda a súa solicitude.
TIE
Volver ao índice
A TIE é a Tarxeta de Identidade de Estranxeiro.
É unha tarxeta
que teñen algunhas persoas estranxeiras
que viven en España.
Para que serve a TIE?
A TIE serve para demostrar
que unha persoa estranxeira
vive en España de forma legal.
É dicir, que ten permiso
para estar ou vivir en España.
Que información aparece na TIE?
Na TIE aparecen datos importantes,
por exemplo:
-
a fotografía da persoa,
-
o seu nome e apelidos,
-
os seus datos persoais,
-
o tipo de permiso que ten,
-
o seu número NIE.
Cando hai que pedir a TIE?
A TIE debe solicitarse
cando unha persoa recibe un visado
ou un permiso para estar en España
durante máis de 6 meses.
Trámite
Volver ao índice
Un trámite é unha xestión
que fas coa Administración.
VALIdE
Volver ao índice
VALIdE é un servizo da Administración pública
que serve para comprobar sinaturas electrónicas
e documentos asinados.
Verificar
Volver ao índice
Verificar significa comprobar
que algo é correcto.
XuntaEu
Volver ao índice
XuntaEu é unha aplicación móbil
da Xunta de Galicia.
Serve para facer trámites coa Xunta de Galicia
dende o teléfono móbil.
Con XuntaEu podes:
-
ver as túas notificacións oficiais,
-
consultar como van os teus trámites,
-
achegar documentos,
-
xestionar citas previas,
-
usar Chave365,
-
ver algúns carnés dixitais,
-
pagar algunhas taxas,
-
enviar queixas ou suxestións.
XuntaEu axuda a facer xestións
sen ter que ir sempre a unha oficina.