-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
Onde podes usar Chave365?
O uso principal de Chave365
é entrar na sede electrónica
da Xunta de Galicia.
A sede electrónica serve
para facer trámites por Internet
coa Xunta de Galicia.
Pero Chave365 tamén se pode usar
noutros servizos.
Estes servizos son:
- Notifica.gal
Podes usar Chave365
para entrar en Notifica.gal.
Notifica.gal é un servizo
para recibir notificacións electrónicas
das Administracións públicas galegas.
- Servizos do medio rural
Tamén podes usar Chave365
en servizos relacionados co medio rural.
Por exemplo:
- Xestión de aproveitamentos de madeira
Este servizo serve para xestionar
o uso de madeira
en terreos forestais de xestión privada.
- Ordenación e xestión forestal
Este servizo serve
para organizar e xestionar
temas relacionados cos montes
e os terreos forestais.
- Sistema de información de Terras de Galicia
Este servizo permite consultar
e solicitar parcelas
que forman parte do Banco de Terras de Galicia.
O Banco de Terras de Galicia
é un rexistro de terreos
que se poden usar para actividades agrarias
ou relacionadas co rural.
- Sede electrónica do Parlamento de Galicia
Tamén podes usar Chave365
para entrar na sede electrónica
do Parlamento de Galicia.
Esta sede serve para facer trámites
relacionados co Parlamento de Galicia.
- É-Saúde
Tamén podes usar Chave365
para entrar en É-Saúde.
É-Saúde é unha aplicación do Sergas.
Esta aplicación permíteche facer trámites
e acceder a servizos e información
relacionados coa túa saúde.
- Oficina do profesional / Expediente-e
Tamén podes usar Chave365
para entrar na Oficina do profesional
ou Expediente-e.
Este servizo permite consultar información
sobre procesos de selección
para profesionais da Xunta de Galicia
e do Sergas.
Un proceso de selección é un procedemento
para elixir persoas para un posto de traballo
ou para unha lista de contratación.
- XuntaEu
Tamén podes usar Chave365
para entrar en XuntaEu.
XuntaEu permíteche:
- consultar expedientes,
-
consultar presentacións,
-
consultar notificacións electrónicas,
-
pagar taxas,
-
comprobar se un documento asinado por Internet é válido,
-
consultar certificados ou tarxetas,
-
consultar documentos presentados.
En XuntaEu tamén podes consultar
os documentos que presentaches
a través do rexistro electrónico da Xunta
ou nas Oficinas de atención á cidadanía
e de rexistro.