Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.050 novas da C. de Economía e Industria:

19/12/2025 | 13:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na tramitación da ampliación do parque empresarial do Pereiro de Aguiar para incrementar a súa superficie en case un 40%

O Goberno galego remite a avaliación ambiental o Proxecto de Desenvolvemento Urbanístico (PDU) para acelerar a creación de máis solo empresarial en Ourense

19/12/2025 | 09:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana: “É imposible pensar na industria que vai vir se non temos un sistema enerxético preparado”

Subliña que a rede de transporte precisa dunha reestruturación, tal e como Galicia vén demandando, pero tamén ve necesarios proxectos de almacenamento para dar seguridade e flexibilidade ao sistema

17/12/2025 | 12:47 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 291.000€ aos polígonos industriais da comarca de Betanzos para mellorar a súa competitividade

A delegada da Xunta visitou o parque empresarial de Bergondo beneficiario da orde para a mellora das súas Infraestruturas. Tamén recibiron estas achegas os parques empresariais de Curtis e Coirós

16/12/2025 | 19:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda aposta por impulsar en Galicia un ecosistema industrial baseado na sustentabilidade e na economía circular

“É un gusto que empresas galegas que empezaron moi pouco a pouco, agora teñan este tamaño e sigan tendo claro que o segredo está en facer as cousas ben”, apuntou

16/12/2025 | 16:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda cos empresarios da Estrada os avances na ampliación do parque empresarial de Toedo, que permitirá contar con 156.685 m2 máis

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, lembrou que está a piques de resolverse a licitación do proxecto de expropiación á que se presentaron catro empresas

16/12/2025 | 14:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta as alegacións ao borrador da nova planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica

Lorenzana asegura que o Goberno “está deixando pasar uns anos que son fundamentais para atraer novos investimentos”

16/12/2025 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica o labor colectivo da cadea forestal-madeira na xestión responsable do bosque galego

No marco dunha mesa redonda na que se abordou o presente e o futuro do sector en Galicia, Alfredo Fernández apuntou os desafíos aos que se enfronta ante a descarbonización e a dixitalización dos procesos produtivos e as posibilidades de crecemento noutros sectores como o da construción

15/12/2025 | 15:26 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta presentará alegacións á nova Planificación eléctrica 2025-2030 do Goberno central, que apenas reserva un 2,8 % do investimento total para Galicia

Asegura que contar “cunha infraestruturas modernas e adaptadas ao tecido produtivo” é fundamental “para o desenvolvemento económico das comunidades”

12/12/2025 | 16:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca a aposta da Xunta por ofrecer estabilidade e cooperación ao tecido empresarial da comunidade

Asegura que os empresarios, “desde os grandes e potentes ata os pequenos que levantan cada día a persiana”, son bo exemplo do que significa Galicia Calidade

12/12/2025 | 14:32 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

Lorenzana destaca que a auditoría que RDG está a realizar nos polígonos e portos galegos permitirá abaratar os custos enerxéticos das empresas

Indica que neste momento os traballos están na fase de recollida de datos para coñecer o recurso renovable da contorna, as infraestruturas enerxéticas dispoñibles e os patróns de consumo