Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.812 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

22/12/2025 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 2 M€ a adquirir locais comerciais sen uso na cidade de Ourense para destinalos a vivendas de promoción pública

Calvo destaca que os propietarios interesados en presentar unha oferta poderán facelo desde a publicación da oferta no Diario Oficial de Galicia, a comezos de xaneiro, e ata o 1 de maio de 2026

20/12/2025 | 14:09 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
19/12/2025 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo presenta a nova desbrozadora de brazo adquirida polo Concello de Outes que contou cunha achega da Xunta de 30.000 €

Este Concello recibiu tamén outra subvención de máis de 13.000 euros para a contratación, o pasado verán, durante 3 meses, dunha brigada ambiental con 4 traballadores, compartida con Mazaricos

19/12/2025 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
19/12/2025 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra

Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados

18/12/2025 | 13:07 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia

O novo texto lexislativo que entrará en vigor no día de mañá publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia establecendo, entre outras, a obriga do código de bo goberno para as federacións e a acción popular da Administración autonómica nos casos de violencia

18/12/2025 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo louva o traballo altruísta dos voluntarios de Protección Civil a prol dos máis vulnerables

O delegado territorial fixo entrega dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en colaboración con 37 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá

17/12/2025 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insiste na necesidade de cubrir as vacantes da UPA para prestar os servizos con todas as garantías

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes insistiu no Parlamento en que a non cobertura das vacantes da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia reduce a capacidade operativa deste corpo policial e aboca a reaxustar funcións