Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.124 novas da área temática Áreas temáticas:

01/07/2026 | 18:10 | C. de Sanidade

A Xunta activa mañá xoves a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra

Suspéndese a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior de 12,00 a 20,00 horas no interior de Pontevedra por alerta vermella por calor, mentres que nas Rías Baixas suspéndese de 12,00 a 18,00 horas, agás as actividades náuticas e acuáticas, debido ao nivel de aviso laranxa por altas temperaturas

01/07/2026 | 17:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 8 ofertas para construír 59 vivendas públicas en Paradai, en Lugo, cun investimento de 10,7 M€

Estas vivendas, que se financiarán con fondos propios autonómicos, construiranse en Paradai, en terreos acadados nunha permuta co Concello de Lugo

01/07/2026 | 17:19 | C. do Medio Rural

A coordinación e a innovación tecnolóxica centran a reunión provincial para a campaña de incendios en Pontevedra

Os delegados territoriais destacaron o aumento do orzamento destinado á loita contra os incendios

01/07/2026 | 16:22 | C. do Mar

A Xunta dota ao porto de Cambados dun acceso totalmente renovado e seguro á illa das Goritas tras investir 400.000 euros

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou o remate duns traballos de Portos de Galicia que consolidan a estrutura da ponte, eliminan os problemas de corrosión e garanten o tránsito de vehículos pesados cara aos pantaláns

01/07/2026 | 16:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Marxión, en Vilagarcía de Arousa

O novo inmoble, cuxo investimento acada preto de 2M€, situarase nunha parcela cedida polo Concello

01/07/2026 | 16:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo mantén un primeiro encontro institucional co novo director do Museo de Belas Artes, Manuel Mosquera

A representante do Goberno galego agradeceu o traballo desenvolvido por Ángeles Penas durante máis de tres décadas á fronte da institución, etapa na que o museo se consolidou como un referente cultural de Galicia