Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 653 novas da área temática Transporte:

04/08/2025 | 16:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que a Xunta lle solicitará ao Goberno central a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para asumir as competencias sobre instalacións aeronáuticas de competencia galega

O Consello do Goberno galego autorizou a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a iniciar os trámites necesarios para exercer as competencias actualmente asumidas polo Estado, co traspaso dos recursos precisos

03/08/2025 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 310.000 euros a execución das obras dunha glorieta e de mellora do firme no acceso a Cequeliños, en Arbo

Os traballos levaranse a cabo na zona que vai do acceso a Mandelos ata o acceso ao lugar de Cequeliños e consistirán na dotación dunha glorieta

01/08/2025 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o percorrido de catro liñas de autobús e crea unha nova liña circular que reforzan o servizo en diversos barrios de Ferrol e na parroquia do Val, en Narón

Créase unha liña circular en Ferrol con máis de 100 servizos á semana que conecta diversos barrios, o centro da cidade, o porto e o polígono da Gándara

31/07/2025 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado de 17 entidades sen ánimo de lucro e centros especiais de emprego

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou as addendas aos convenios subscritos, que suman un investimento superior aos 1,9 M€

24/07/2025 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta a inacción do Goberno central na toma de decisións e medidas para evitar as continuas incidencias do servizo ferroviario galego

Ante os constantes problemas rexistrados, urxe unha vez máis ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a garantir o correcto funcionamento das conexións

23/07/2025 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insiste en que o novo mapa concesional de transporte de viaxeiros por estrada debe tratarse na Conferencia Sectorial de Transportes

A directora xeral de Mobilidade participou na Comisión de Directores Xerais de Transporte do Estado e das Comunidades Autónomas, onde, xunto con outros 10 territorios, demandou a retirada deste tema da orde do día e gañou a votación

23/07/2025 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 14 ofertas para a execución da urbanización para unha área de servizo e sendos aparcadoiros para vehículos e camións na AG-53, en Maside

O contrato, licitado por un investimento que supera os 3,6 M€ ten como obxectivo a dotación dunha área de servizo na AG-53, no quilómetro 80+465, con acceso directo en sentido Santiago e conexión mediante un paso a distinto nivel en sentido Ourense

22/07/2025 | 10:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo dun mes a partir de mañá e os exames celebraranse na derradeira quincena de outubro en día laborable

21/07/2025 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía os servizos de transporte interurbano ao Hospital de Piñor, ás piscinas de Monterrei e adapta as conexións entre a estación de tren da Gudiña coas comarcas de Valdeorras, Viana e Verín

Manuel Pardo salientou que estas melloras atenden as solicitudes e propostas feitas desde distintos ámbitos da sociedade ourensá e son resultado dunha análise e estudo do aumento da demanda entre estas contornas e a cidade de Ourense

18/07/2025 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén a aplicación das bonificacións do transporte público nos servizos marítimos da ría entre Vigo e o Morrazo, nos que viaxaron máis de 617.000 usuarios no primeiro semestre deste ano

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou o funcionamento do servizo no que a Xunta asume integramente o desconto do 40% debido a que o Estado o segue excluíndo dos descontos no transporte