Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 591 novas da área temática Cooperación:

22/05/2025 | 13:45 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta o compromiso da Xunta coa inclusión real e efectiva das persoas con discapacidade intelectual, ao incorporar 140 persoas no sistema público de saúde desde 2016

Agradece a colaboración das entidades que asesoran ao Servizo Galego de Saúde na formación previa dos profesionais, na adaptación do seu posto de traballo e no seguimento posterior

22/05/2025 | 13:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta lanza un programa de cooperación con Portugal de 1,3 M€ para promover a inserción laboral da mocidade nos mercados de Galicia e o norte luso

Lara Meneses erixe esta acción como un “piar fundamental” para mellorar as oportunidades de emprego da xente nova e rexuvenecer o tecido produtivo

21/05/2025 | 15:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abrirá o vindeiro luns o prazo de solicitudes para participar no intercambio xuvenil no Xapón

A iniciativa enmárcase no programa ‘A xuventude no mundo’ organizado ao abeiro das relacións bilaterais que mantén o Goberno galego con entidades doutros países

21/05/2025 | 15:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cederá ao concello de Foz a propiedade do inmoble da residencia de maiores

Nestes momentos estase a tramitar o expediente para a transmisión definitiva da titularidade do edificio

20/05/2025 | 17:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel de programas como o FOEXGA na internacionalización das pemes galegas

A directora do Igape, Covadonga Toca Carús, visita Bodegas Godeval, exemplo do impulso que ofrece esta colaboración público-privada na proxección internacional do tecido empresarial galego

20/05/2025 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria das axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior dotadas con 6 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as liñas de subvencións para os proxectos no exterior de ONGD cun orzamento de 4,1M€, doutros axentes de cooperación con 700.000 euros, e como novidade neste ano, para proxectos de apoio a organización feministas e de defensa de dereitos das mulleres con 1,2M€

19/05/2025 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 21 M€ os vindeiros dous anos a financiar servizos e programas no ámbito da inclusión que leven a cabo entidades de iniciativa social

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, salienta que o orzamento desta orde sobe “case un 6%” con respecto á anterior

18/05/2025 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio coa Fundación UNICEF para actuar ante a grave crise migratoria en Honduras

O Goberno galego achega 50.000 euros co obxectivo de garantir o acceso de nenos e nenas migrantes a servicios de educación en situación de emerxencias

15/05/2025 | 21:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda aposta por consolidar o Eixo Atlántico como alianza estratéxica e reclama equidade territorial en investimentos e competencias

Reivindica un modelo de cogobernanza multilateral de igualdade para todas as Comunidades sen renunciar á corresponsabilidade en temas como o financiamento autonómico