Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García destaca as casas do maior como recursos vertebradores da rede pública de atención no rural
Explicou que estes servizos de balde para o coidado dos maiores facilitan, á súa vez, a conciliación das familias e o asentamento de poboación no rural
Manuel Pardo informa sobre a primeira orde da Xunta para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural
O delegado territorial destacou que esta iniciativa busca dar resposta tanto ás necesidades de man de obra do tecido produtivo como ás de acceso á vivenda das persoas traballadoras, ao tempo que se avanza na fixación de poboación e na vertebración do territorio co foco nos municipios de menos de 20.000 habitantes
Galicia rexistra en xuño o máximo histórico de afiliacións con 1.123.034 cotizantes e o mínimo de paro con 105.768 persoas desempregadas
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións á Seguridade Social destacando que a nosa Comunidade ten preto de 20.400 afiliacións máis que hai un ano
A Xunta de Galicia aproba o calendario laboral para 2027 co 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que determina as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano vindeiro
A Xunta pon en valor a colaboración público-privada con entidades como a Fundación RIA como vía para impulsar proxectos aliñados cos retos do territorio
José González salienta a contribución de Casa RIA como espazo de referencia para a reflexión e o diálogo para conectar os desafíos globais desde unha perspectiva local adaptada á realidade galega, favorecendo sinerxías e intercambio de coñecemento
A Xunta sinala que os premios de sostibilidade empresarial reforzarán o compromiso ambiental do tecido produtivo de Galicia
Un dos obxectivos desta iniciativa do Goberno galego é poñer en valor o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, impulsado pola Unión Europea, como marca de calidade ambiental recoñecible para as empresas e o consumidor
Martina Aneiros dá a benvida aos 10 alumnos que participan no obradoiro dual de emprego de Ferrol
Trátase dunha iniciativa financiada cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de preto de 227.300 euros
A Xunta destaca a aposta das novas axudas para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores por cubrir vacantes en sectores como o agroalimentario
José González sinala que os inmobles rehabilitados deben alugarse ou cederse o seu uso a persoas traballadoras, non podendo situarse a máis de 15 km do centro de traballo e primándose os casos relacionados con eidos económicos estratéxicos
A Xunta impulsa a profesionalización de 12 mulleres artesás do rural cunha mentoría personalizada
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou esta mañá no peche da primeira parte do programa de dinamización e acompañamento profesional Artesás
A Xunta anima aos concellos do Ribeiro a fixar poboación a través das axudas para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras
José González fai fincapé en que a convocatoria está orientada aos municipios de menos de 20.000 habitantes, tendo prioridade os de menos de 5.000, que son a totalidade dos da comarca do Ribeiro