Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 505 novas da área temática Pesca:

09/04/2024 | 19:08 | C. do Mar

Alfonso Villares cre que o aumento do consumo dos alimentos do mar e do agro galegos é o mellor premio que a sociedade pode outorgar aos seus produtores

O titular de Mar destacou o éxito do Galicia Fórum Gastronómico como a feira culinaria máis destacada do noroeste peninsular e o principal escaparate da rica e diversa despensa que pode ofrecer o arco atlántico europeo

07/04/2024 | 15:17 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca a importante relación de Cabo Verde e Galicia en materia pesqueira e o peso social e económico da comunidade deste país na Mariña

Resalta a relevancia tanto da presencia da frota e as industrias galegas no arquipélago africano como da colonia caboverdiana nos barcos con porto base en Burela

07/04/2024 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta define o Galicia Fórum Gastronómico como “unha unión da tradición, a innovación e a paixón” que permite poñer en valor a nosa calidade alimentaria

José González expresou o seu desexo de que o Fórum sirva como catalizador para fortalecer as nosas producións e promover un crecemento sostible deste eido

05/04/2024 | 14:49 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama ante a frota do cerco a revisión á alza das cotas pesqueiras establecidas en augas comunitarias para este ano

O titular de Mar sostén esta demanda no contido do ditame emitido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que avala a decisión adoptada polos 27 na que se fixaban os TAC no ano 2020

03/04/2024 | 11:56 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor a pesca artesanal como modelo de sustentabilidade e destaca a pescada de volanta como sinónimo de calidade, frescura e sabor

O conselleiro resalta a traxectoria desta empresa, fundada no 2005, referente nacional na distribución desta especie da que se comercializaron na rula cedeirense 670 toneladas o ano pasado 

02/04/2024 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Confraría de Pescadores de Bueu mellora os seus servizos grazas a unha axuda de máis de 130.000 euros

O delegado territorial destacou a labor dos traballadores da confraría que non paran de atopar novas formas de modernizarse e facilitar o día a día dos mariñeiros