Plans e programas anuais/plurianuais
Plan Director do Sector Forestal-Madeira 2026-2028
Os plans directores son instrumentos de política industrial que teñen como fin fortalecer os sectores industriais estratéxicos declarados como tales no Consello da Xunta, mediante medidas e recursos que aseguren un crecemento sustentable e competitivo.
Plan Innova FP Galicia 2026-2030
Plan Innova FP Galicia 2026-2030 para o impulso de liñas de actuación que consoliden a innovación avanzada na Formación Profesional Galega
Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia 2026
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.
Plan anual da cooperación galega 2026
O artigo 83 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia regula a planificación da Cooperación Galega. Este artigo establece, no seu apartado primeiro, que a política pública autonómica en materia de cooperación para o desenvolvemento se articula a través do Plan director da cooperación galega cunha duración de catro anos e, no punto cuarto do mesmo artigo, establécese que o órgano de dirección da Administración autonómica competente en materia de cooperación para o desenvolvemento elaborará un Proxecto de plan de acción anual, que se someterá á aprobación do Consello da Xunta.
Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia 2026
No desenvolvemento da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) planifica con carácter anual as súas actuacións como órgano técnico na materia e co máximo consenso cos/as interlocutores/as sociais.
Plan Integral de Benestar Dixital
O Plan Integral de Benestar Dixital de Galicia nace da convicción de que a tecnoloxía pode e debe ser unha aliada do desenvolvemento humano, pero require gobernanza, educación e corresponsabilidade. A protección da infancia no ámbito dixital non é responsabilidade exclusiva das familias ou da escola: é unha tarefa colectiva e compartida que implica tamén á Administración, ás empresas tecnolóxicas, aos medios de comunicación e á sociedade no seu conxunto.
Plan xeral de xestión e mellora da calidade dos servizos do sector público autonómico de Galicia 2026-2027
O plan responde ao compromiso da Xunta de Galicia de avanzar na consolidación dos principios de boa administración e de calidade na prestación dos servizos públicos á cidadanía.
Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo 2025-2030
A Iniciativa Estratéxica nace coa ambición de aproveitar as oportunidades que o novo contexto ofrece ás entidades galegas, xerando oportunidades profesionais tanto presentes como futuras para a mocidade galega, e convertendo estes sectores nunha panca crave para o crecemento económico e a mellora das condicións de vida na rexión
Plan EDUC-ART
O Plan EDUC-ART establece a planificación e liñas de actuación para a actualización e mellora das ensinanzas artísticas en Galicia durante o período 2025/2030
V Plan director da cooperación galega (2023-2026)
O artigo 83 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia regula a planificación da Cooperación Galega. Este artigo establece que a política pública autonómica en materia de cooperación para o desenvolvemento articúlase a través do Plan director da cooperación galega, cunha duración de catro anos.