Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión

Este programa responde ao compromiso do Goberno galego para a afianzar a súa política institucional de integridade.

Con este programa trátase de dar un paso máis na política institucional de integridade da Administración autonómica, que xa tivera un avance relevante no ano 2015 coa aprobación do Programa de impulso democrático.

Entre os obxectivos deste programa atópanse:

  • adoptar unha serie de medidas que contribúan á mellora dos estándares éticos no sector público autonómico de Galicia,
  • desalentar as prácticas potencialmente irregulares e inadecuadas nos ámbitos máis sensibles aos riscos de xestión,
  • e, en definitiva, o correcto funcionamento dun sistema sólido de control interno dos devanditos riscos, dentro dun marco de legalidade, transparencia e rendición de contas.
En definitiva, este programa suporá non soamente un reforzo das medidas xa iniciadas senón que ademais incorporará todos os elementos necesarios para a consolidación no sector público autonómico dun sistema sólido e avanzado de integridade, obxectividade, eficiencia e transparencia no funcionamento da Administración pública galega e no desempeño da función pública.
 
En execución do dito programa a Xunta de Galicia desenvolverá, no período comprendido entre o ano 2021 e o ano 2024, un total de 24 medidas, englobadas en seis eixos de actuación.
 
Data de aprobación no Consello da Xunta: 26/5/2021