Proceso de avaliación de riscos laborais

A Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais establece que “a avaliación de riscos laborais é o proceso dirixido a estimar a magnitude daqueles riscos que non se puideron evitar, obtendo a información necesaria para tomar unha decisión apropiada sobre a necesidade de adoptar medidas preventivas e, no seu caso, sobre o tipo de medidas que deben adoptarse”.

A través da análise do risco:

  • Identifícase o perigo.
  • Estímase o risco, valorando conxuntamente a probabilidade e as consecuencias de que se materialice o perigo.

 

A análise do risco proporcionará a magnitude do risco.

  • Valoración do risco. Co valor do risco obtido e comparándoo co valor do risco tolerable, emítese un xuízo sobre a tolerabilidade do risco en cuestión.
  • Se da avaliación do risco se deduce que o risco é “non tolerable”, hai que controlar o risco.
  • Eliminar ou reducir o risco, mediante medidas de prevención na orixe, organizativas, de protección colectiva, de protección individual ou de formación e información aos/ás traballadores/as.
  • Controlar periodicamente as condicións, a organización e os métodos de traballo, así como o estado de saúde dos/as traballadores/as.

 

A avaliación dos riscos é un proceso dinámico, que require ser revisado ante determinadas circunstancias: cando se produzan cambios nas condicións de traballo (novas tecnoloxías, novos produtos químicos ou modificacións nos lugares de traballo), cando se detecten danos á saúde dos/as traballadores/as ou cando as actividades de prevención poidan ser desaxeitadas ou insuficientes; naqueles postos onde se detecte algunha destas circunstancias procederase a efectuar as correspondentes actuacións de reavaliación e revisión dos mesmos.

A avaliación de riscos supón a visita a cada centro de traballo, previamente programada e comunicada tanto ao titular do centro de traballo, como aos representantes dos traballadores que queiran acompañar aos/ás técnicos/as avaliadores/as. A visita require o percorrido por cada posto de traballo.

Noutros casos, polas características específicas destes centros de traballo, como pode ser un laboratorio, faise necesario realizar revisións e levar un seguimento e control das condicións ambientais e a realización, no seu caso, de avaliacións de riscos de maneira continuada.

Metodoloxía

O método baséase nunha secuencia de 3 pasos ou fases reflectidas en cada caso nunha ficha específica, que ademais de guiar durante o desenvolvemento da avaliación será a base documental de carácter normativo necesaria.

Metodoloxía
Orde Fases Documentos
Identificación xeral de riscos laboraisFicha 1
Avaliación xeral de riscos laboraisFicha 2
2ª bisAvaliación específica de riscosFicha 4. Avaliacións específicas
Plan de acciónFicha 3