A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, regula, no seu capítulo V, a consulta e participación dos/as traballadores/as en materias que afectan á seguridade e saúde no traballo. Máis concretamente:
- No artigo 33, establece a obriga empresarial de someter a consulta dos representantes dos/as traballadores/as ou, no seu defecto, dos propios traballadores/as individuais, coa debida antelación, a adopción dunha serie de decisións relativas á protección da saúde e á prevención dos riscos profesionais na empresa
- No artigo 34 establece o dereito dos/as traballadores/as a participar na empresa nas cuestións relacionadas coa prevención dos riscos no traballo, e son os/as delegados/as de prevención e os comités de seguridade e saúde os mecanismos de participación especializada nas materias de prevención.
A Xunta de Galicia, coa finalidade de concretar os mecanismos de participación do persoal ao seu servizo nas materias relacionadas coa prevención dos riscos no traballo e establecer o número de delegados/as de prevención e as súas competencias, facultades e garantías necesarias para o exercicio das súas funcións especializadas, asinou un acordo sobre dereitos de participación en materia de seguridade e saúde laboral.
- Resolución do 11 de xuño de 2012 pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación da Resolución do 29 de decembro de 2010 pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre os dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais Formato PDF. 453 KB
- Resolución do 29 de decembro de 2010 pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais Formato PDF. 158 KB