Esta fase desenvólvese mediante a Ficha 2. Hai que empregar unha destas fichas 2 para cada posto de traballo relacionado na ficha 1. Esta fase é o eixe da acción preventiva, xa que require non só definir a estimación do risco en canto á súa importancia senón tamén presentar as accións correctivas para cada risco.
Estimación do risco
Variables
Para cada risco detectado en cada posto de traballo hai que realizar unha estimación, determinando a potencial severidade do dano (as súas consecuencias) e a probabilidade de que aconteza o feito. As variables son a severidade do dano e a probabilidade. En cada unha destas variables considéranse tres opcións.
Probabilidade de que ocorra o dano
- Alta (A): o dano ocorrerá sempre ou case sempre
- Media (M): o dano ocorrerá nalgunhas ocasións
- Baixa (B): o dano ocorrerá raras veces
Severidade do dano
- Lixeiramente daniño (LD):
- Danos superficiais: cortes e contusións pequenas, irritacións dos ollos polo po.
- Molestias e irritacións: dor de cabeza, falta de confortabilidade.
- Daniño (D):
- Chagas, queimaduras, conmocións, escordaduras importantes, fracturas menores.
- Xordeira, dermatite, asma, trastornos músculo-esqueléticos, enfermidades que orixinan incapacidade menor.
- Extremadamente daniño (ED):
- Amputacións, fracturas maiores, intoxicacións, lesións múltiples.
- Cancro e outras enfermidades crónicas que acurten severamente a vida.
Valoración de riscos: decidir se os riscos son tolerables
Conforme ás variables anteriores, a valoración dedúcese de maneira automática segundo a seguinte táboa.
Probabilidades | Lixeiramente daniño | Daniño | Extremadamente daniño |
---|---|---|---|
Baixa | Risco trivial T | Risco tolerable TO | Risco moderado M |
Media | Risco tolerable TO | Risco moderado M | Risco importante I |
Alta | Risco moderado M | Risco importante I | Risco intorelable IN |
E consecuentemente á valoración preséntanse como criterios de actuación os seguintes:
Risco | Acción e temporización |
---|---|
Trivial T | Non require de acción singular |
Tolerable TO | Non se precisa mellorar a acción preventiva en xeral Téñense que considerar solucións máis rendibles Comprobacións periódicas para asegurar as medidas de control |
Moderado M | Facer esforzos para reducir o risco, con investimentos necesarios Implantar as medidas nun período determinado Se existe ED, revisar con precisión a probabilidade |
Importante I | Non comezar o traballo ata reducir o risco Precisaranse recursos considerables Se se está a realizar o traballo, remediar o problema nun prazo mínimo |
Intorelable IN | Non se debe comezar ou continuar o traballo ata reducir o risco Se non é posible reducir o risco, tense que prohibir o traballo |