METODOLOXÍA

Fase 2. bis. Avaliacións específicas de riscos

Afectará a aqueles riscos para os que existan:

  • Avaliación de riscos imposta pola lexislación específica
  • Avaliación de riscos establecida na norma UNE

 

E tamén para aqueles casos nos que:

  • Se requira a realización de medicións, análise ou ensaio para a súa avaliación
  • Os criterios xerais contemplados na normativa xeral que se teñan que interpretar á luz doutros criterios de carácter técnico pola súa complexidade ou especialización. Nestes casos hai que realizar a avaliación específica destes riscos, tendo en conta o indicado no artigo 5.3 do Regulamento dos Servizos de Prevención. Estas avaliacións, na súa meirande parte, son de certa complexidade técnica ou metodolóxica, polo que en moitos casos será necerario recorrer a un servizo de prevención concertado ou a unha asesoría externa. Para o desenvolvemento do presente método incluiremos a ficha 4 como elemento referencial para estes casos.