METODOLOXÍA

Fase 2. Avaliacións xerais de riscos

Esta fase desenvólvese mediante a Ficha 2. Hai que empregar unha destas fichas 2 para cada posto de traballo relacionado na ficha 1. Esta fase é o eixe da acción preventiva, xa que require non só definir a estimación do risco en canto á súa importancia senón tamén presentar as accións correctivas para cada risco.

Estimación do risco

Variables

Para cada risco detectado en cada posto de traballo hai que realizar unha estimación, determinando a potencial severidade do dano (as súas consecuencias) e a probabilidade de que aconteza o feito. As variables son a severidade do dano e a probabilidade. En cada unha destas variables considéranse tres opcións.

Probabilidade de que ocorra o dano

  • Alta (A): o dano ocorrerá sempre ou case sempre
  • Media (M): o dano ocorrerá nalgunhas ocasións
  • Baixa (B): o dano ocorrerá raras veces

 

Severidade do dano

  • Lixeiramente daniño (LD):
    • Danos superficiais: cortes e contusións pequenas, irritacións dos ollos polo po.
    • Molestias e irritacións: dor de cabeza, falta de confortabilidade.
  • Daniño (D):
    • Chagas, queimaduras, conmocións, escordaduras importantes, fracturas menores.
    • Xordeira, dermatite, asma, trastornos músculo-esqueléticos, enfermidades que orixinan incapacidade menor.
  • Extremadamente daniño (ED):
    • Amputacións, fracturas maiores, intoxicacións, lesións múltiples.
    • Cancro e outras enfermidades crónicas que acurten severamente a vida.

 

Valoración de riscos: decidir se os riscos son tolerables

Conforme ás variables anteriores, a valoración dedúcese de maneira automática segundo a seguinte táboa. 

Consecuencias
Probabilidades Lixeiramente daniño Daniño Extremadamente daniño
Baixa Risco trivial T Risco tolerable TO Risco moderado M
Media Risco tolerable TO Risco moderado M Risco importante I
Alta Risco moderado M Risco importante I Risco intorelable IN

E consecuentemente á valoración preséntanse como criterios de actuación os seguintes:

Criterios de actuación
Risco Acción e temporización
Trivial T Non require de acción singular
Tolerable TO Non se precisa mellorar a acción preventiva en xeral
Téñense que considerar solucións máis rendibles
Comprobacións periódicas para asegurar as medidas de control
Moderado M Facer esforzos para reducir o risco, con investimentos necesarios
Implantar as medidas nun período determinado
Se existe ED, revisar con precisión a probabilidade
Importante I Non comezar o traballo ata reducir o risco
Precisaranse recursos considerables
Se se está a realizar o traballo, remediar o problema nun prazo mínimo
Intorelable IN Non se debe comezar ou continuar o traballo ata reducir o risco
Se non é posible reducir o risco, tense que prohibir o traballo