A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención dos riscos laborais, regula no seu capítulo V a consulta e participación dos traballadores en materias que afectan á seguridade e saúde no traballo e, máis concretamente, no artigo 33 establece a obriga empresarial de someter á consulta dos traballadores todo o relativo á seguridade e saúde laboral na empresa, sendo os delegados de prevención e os comités de seguridade e saúde laboral os mecanismos de consulta e participación especializada nas materias de Prevención de Riscos Laborais.
Seguindo estes preceptos a Xunta de Galicia asina o acordo sobre dereitos de participación do persoal ao servizo da administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais (Resolución 29 de decembro de 2010), que afecta a todo o persoal ao servizo da Administración xeral da Xunta de Galicia, ao persoal dos centros educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e ao persoal da Administración de Xustiza.
Consulta e participación - Administración xeral da Xunta de Galicia | |||
Comisión paritaria de seguimento e interpretación | |||
Comité intercentros de seguridade e saúde laboral | |||
Servizos centrais | Consellerías (ámbito autonómico) | Edificios Administrativos | Administración de Xustiza |
CSSL de Servizos Centrais | CSSL da Consellería de Facenda CSSL da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas CSSL da Consellería de Economía e Industria CSSL da Consellería deCultura, Educación e Ordenación Universitaria CSSL da Consellería de Traballo e Benestar CSSL da Consellería do Medio Rural e do Mar CSSL da Consellería de Sanidade CSSL do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais | CSSL edificio Administrativo de Monelos | CSSL da Administración de Xustiza |
- Resolución do 29 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais
- Resolución do 11 de xuño de 2012 pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación da Resolución do 29 de decembro de 2010 pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre os dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais
- Orde do 4 de setembro de 2013 pola que se regula o rexistro das actas de designación de delegados e delegadas de prevención de riscos laborais
- Resolución do 5 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia da modificación da Resolución do 29 de decembro de 2010 pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia do acordo sobre os dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais