AXENTES PARA A PREVENCIÓN

Delegados/as de prevención

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, regula, no seu capítulo V, a consulta e participación dos/as traballadores/as en materias que afectan á seguridade e saúde no traballo. Máis concretamente:

  • No artigo 33, establece a obriga empresarial de someter a consulta dos representantes dos/as traballadores/as ou, no seu defecto, dos propios traballadores/as individuais, coa debida antelación, a adopción dunha serie de decisións relativas á protección da saúde e á prevención dos riscos profesionais na empresa
  • No artigo 34 establece o dereito dos/as traballadores/as a participar na empresa nas cuestións relacionadas coa prevención dos riscos no traballo, e son os/as delegados/as de prevención e os comités de seguridade e saúde os mecanismos de participación especializada nas materias de prevención.

 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de concretar os mecanismos de participación do persoal ao seu servizo nas materias relacionadas coa prevención dos riscos no traballo e establecer o número de delegados/as de prevención e as súas competencias, facultades e garantías necesarias para o exercicio das súas funcións especializadas, asinou un acordo sobre dereitos de participación en materia de seguridade e saúde laboral.

Normativas relacionadas