Preguntas frecuentes sobre factor de autenticación
O dobre factor de identificación
é unha medida que aumenta a seguridade
cando entras nun servizo dixital.
Isto significa que non chega
con escribir un contrasinal.
Tamén tes que demostrar
que es ti doutro xeito.
Por exemplo, cun código
que recibes no teu teléfono móbil.
Como funciona con Chave365?
Cando tes dobre factor de identificación
e queres usar Chave365,
o sistema pídeche 2 datos:
- O teu contrasinal.
-
Un código que recibes por mensaxe.
Este código só o podes usar unha vez.
Así, a Administración comproba
que coñeces o contrasinal
e que tes o teu teléfono móbil.
Para que serve?
Este sistema serve para protexer mellor
a túa conta.
Se outra persoa descobre o teu contrasinal,
aínda necesitaría o código
que chega ao teu móbil.
Por iso, o dobre factor
aumenta a seguridade.
Cando usas o dobre factor de autenticación,
recibes un código por mensaxe
ou por correo electrónico.
Este código serve para comprobar
que es ti quen está intentando entrar.
O código é válido durante 5 minutos.
Despois dese tempo,
o código caduca.
Isto significa que xa non podes usalo.
Cantos intentos tes
para escribir ben o código?
Tes ata 3 intentos para escribir
o código correcto.
Se escribes mal o código 3 veces,
o teu acceso a Chave365
queda bloqueado.
Nese caso, terás que desbloquealo
antes de volver entrar.
Podes atopar información
sobre como desbloquear o acceso
Podes activar o dobre factor de identificación
desde a túa área privada
da sede electrónica da Xunta.
Segue estes pasos:
- Entra en “O meu perfil”.
- Preme en “Preferencias”.
-
Busca e marca a opción:
Desexo activar a identificación reforzada
para Chave365.
Así activas o dobre factor de autenticación
para usar Chave365.
Cando usas o dobre factor de identificación,
recibes un código dun só uso.
Este código ten 6 números.
Se resides en España,
recibes o código nunha mensaxe
no teu teléfono móbil.
A mensaxe chega ao número de teléfono
que indicaches ao facer a Chave365.
Se resides fóra de España,
podes recibir o código
por correo electrónico.
Podes cambiar os teus datos de contacto
Se cambiaches de teléfono
ou de correo electrónico,
podes actualizar os teus datos.
Para actualizar os teus datos
entra na sede electrónica da Xunta
e segue estes pasos:
- Vai a O meu perfil.
-
Preme en Datos persoais.
Alí podes revisar e cambiar
os teus datos de contacto.
Se xa escribiches o teu usuario
e o teu contrasinal de Chave365,
debes recibir un código de 6 números.
Este código forma parte
do dobre factor de autenticación.
Se pasan uns segundos
e non recibes o código no móbil,
podes pedilo outra vez.
Na mesma pantalla,
busca a opción para solicitar
un novo código.
Que podes facer se o código segue sen chegar?
Se aínda así non podes acceder,
podes pedir axuda:
- Escribindo o problema no formulario do asistente en liña.
- Chamando servizo de información 012.
-
Escribindo por WhatsApp ao servizo técnico da sede electrónica.