Outras preguntas frecuentes
Cando te das de alta en Chave365,
recibes unha mensaxe
no teu teléfono móbil.
A mensaxe inclúe
unha clave de acceso provisional.
Esta clave serve
para entrar por primeira vez
en Chave365.
Que podes facer se a mensaxe non chega?
Se pasan uns minutos
e non recibes a mensaxe,
podes pedir axuda.
Podes contactar con:
- Soporte técnico da sede electrónica por WhatsApp
- Formulario Asistente en liña.
-
Servizo de información 012.
O soporte pode comprobar
se a mensaxe foi enviada.
Que podes facer se a mensaxe foi enviada
pero non a recibiches?
Nese caso, pode haber un problema
co teu teléfono ou coa túa compañía
de telefonía.
Podes:
- Contactar coa túa compañía de telefonía.
- Revisar a configuración do teu móbil.
-
Comprobar se a mensaxe
foi marcada como non desexada.
Chave365 pode bloquear o teu acceso
como medida de seguridade.
Isto serve para evitar que outra persoa
entre na túa conta sen permiso.
Cando pode bloquearse Chave365?
O acceso a Chave365 pode bloquearse
nestes casos:
-
Se escribes mal o teu usuario ou a clave
6 veces seguidas.
-
Se escribes mal a clave de sinatura
3 veces seguidas.
Como podes desbloquear Chave365?
Podes desbloquear o teu acceso
de 3 formas diferentes:
1. Con identificación electrónica
Podes usar:
- Certificado dixital.
- Documento de identidade electrónico.
-
Cl@ve.
Entra no teu perfil de Chave365.
Despois preme en Rexeneración da clave.
O sistema envía unha nova clave de acceso
ao teu teléfono móbil.
2. Por videoidentificación
Tamén podes desbloquear o teu acceso
por videoidentificación.
A videoidentificación comproba a túa identidade
mediante unha videochamada.
Primeiro tes que cubrir o formulario de Chave365
no Asistente en liña da Administración electrónica.
Despois recibes as indicacións
para facer a videoidentificación.
Cando comproben que es ti,
recibes unha nova clave no teléfono móbil
asociado a Chave365.
3. De forma presencial
Tamén podes ir a unha oficina da Xunta
que xestione Chave365.
Alí poden axudarche a desbloquear
o teu acceso.
Se perdes o teu teléfono móbil,
é importante que chames canto antes
ao teléfono 012.
Pide que bloqueen o teu usuario de Chave365
para evitar que alguén o use
dende o teu teléfono móbil.
Cando chames ao 012
faranche algunhas preguntas
para comprobar a túa identidade.
Cando solicitas a Chave365 por Internet
pode aparecer a mensaxe:
Conexión segura fallida.
Isto pasa cando non tes no teu móbil ou ordenador
ningún sistema válido,
que che permita identificarte.
Cando solicitas Chave365 desde a sede electrónica,
os sistemas válidos para identificarte
son:
-
Un certificado dixital.
O certificado dixital ten que estar
instalado no navegador e estar en vigor.
Estar en vigor significa
que o certificado segue sendo válido.
- Cl@ve.
-
O documento de identidade electrónico.
O documento de identidade electrónico
tamén se coñece como DNIe.
Se usas o DNIe,
necesitas ter un lector de tarxetas
compatible co teu ordenador.
Se non tes ningún destes sistemas,
tes que solicitar Chave365 de forma presencial.
Isto significa que tes que ir en persoa
a unha das oficinas
onde podes facer esta xestión.
Se o teu nome ou o teu apelido
aparecen mal en Chave365,
tes que corrixilo.
Podes facelo de 2 maneiras.
Opción 1. Ir de forma presencial.
Podes acudir en persoa
Opción 2. Darte de baixa
e volver darte de alta.
Primeiro tes que dar de baixa
o teu usuario de Chave365.
Despois tes que facer unha nova alta
cos datos correctos.
Lembra que para darte de alta
debes ter unha destas maneiras de identificarte:
- Certificado dixital.
- Documento de identidade electrónico.
-
Cl@ve.
Se non podes entrar en É-Saúde
coas túas claves de Chave365,
proba primeiro a entrar na sede electrónica
da Xunta de Galicia con Chave365.
É-Saúde é o espazo dixital
do Servizo Galego de Saúde.
Serve para consultar información
sobre a túa saúde
e sobre os servizos sanitarios.
Se podes entrar na sede electrónica
Se Chave365 funciona na sede electrónica,
o problema pode estar no acceso a É-Saúde.
Nese caso, contacta co teu centro de saúde.
Alí poden comprobar se tes activado
o acceso a É-Saúde.
Outras formas de entrar en É-Saúde
Tamén podes entrar en É-Saúde
con outros sistemas de identificación.
Por exemplo:
- Certificado dixital.
-
Documento de identidade electrónico.
O documento de identidade electrónico
tamén se coñece como DNIe.