Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo destaca os máis de 1,5 M€ que a Xunta destina para mellorar a eficiencia enerxética de 16 concellos ourensáns
O delegado territorial explicou que no caso deste municipio, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, destina preto de 120.000 euros para mellorar a envolvente térmica e optimizar o consumo enerxético do edificio que alberga a escola infantil municipal
Pontecesures mellora a eficiencia enerxética do edificio do antigo matadoiro grazas a unha achega da Xunta de preto de 63.000 euros
O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental
O xogador do Breogán Francis Alonso pecha na sede da Xunta o ciclo ‘Luz ao deporte’, que promove a Fundación Breogán
Cinco destacados deportistas compartiron as súas experiencias con escolares lucenses nesta cuarta edición do foro, orientado a educar á mocidade nos valores do deporte
A Fundación Semana Verde pecha 2025 con récord na facturación da central agropecuaria de Galicia Abanca e cifra máxima de eventos
O Padroado da entidade reuniuse hoxe para realizar o balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2026
A Xunta publica o contrato de servizos de redacción do proxecto de interese autonómico do futuro CAR de Galicia
O contrato ten un valor de máis de 152.000 euros e un prazo inicial de duración de 16 meses
A Xunta e o Concello de Pontevedra acordan manter en 2026 as bonificacións no transporte urbano, no que a demanda medrou un 9% con respecto ao ano pasado
Ao importe resultante do desconto xeral do 10% no prezo do billete para as persoas usuarias que paguen coa Tarxeta de Mobilidade de Galicia engádese unha rebaixa adicional de 50 céntimos nas viaxes urbanas
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o local da Asociación de veciños do Couto
Manuel Pardo amosou o compromiso da Xunta en seguir apoiando o asociacionismo veciñal como instrumento de dinamización social e cultural no eido local, co obxectivo de apoiar ás asociacións a levar a cabo actividades que repercutan no benestar da cidadanía
A Xunta renova a Sede Xudicial Electrónica e o portal de Xustiza cun novo deseño, máis trámites dispoñibles para a cidadanía e novas prestacións para os profesionais
A sede xudicial electrónica permite agora presentar reclamacións a compañías aéreas, solicitar medidas de apoio a persoas con discapacidade ou acceder ao expediente xudicial no que se é parte
O Instituto Galego de Estatística reforzará en 2026 a análise ambiental e das políticas públicas e a información empresarial
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica da Presidencia, Juan Carlos Reboredo, presidiu o Pleno do Consello Galego de Estatística